Maica Larriba subliña que máis de 2.300 axentes dos corpos e forzas de seguridade velarán polas eleccións do 10N na provincia

Imagen de la visita

28/10/2019


A subdelegada do Goberno en Pontevedra visitou os traballos de preparación do material da loxística electoral no parque móbil do Estado


A subdelegada  do  Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou hoxe os preparativos do material da loxística electoral que preparan funcionarios cara as eleccións xerais do próximo día 10 de novembro.

Larriba subliñou o traballo que desenvolven os funcionarios e funcionarias da Subdelegación en Pontevedra que son os encargados de preparar o material para as 1.333 mesas e os 676 colexios electorais que abrirán as súas portas o próximo día dez.

En concreto dende a subdelegación remítense os concellos o material para a constitución das  1.333 mesas e dos 676 colexios electorais. Son as papeletas para as doce candidaturas do Congreso, en concreto 9.817.800 papeletas;  as 818.150 papeletas do Senado e os máis de 800.000 sobres. Amais enviáronse os concellos as cabinas e as urnas que necesitaron para repoñer as defectuosas dos anteriores comicios.

Por outra parte, a subdelegada do Goberno explicou que máis de 2.300 axentes  dos corpos e forzas de seguridade do Estado velarán polo desenvolvemento das eleccións do día dez de novembro. En concreto se trata de 1.133 axentes da garda Civil, 787 axentes da Policía Nacional e outros catrocentos das distintas policías locais.

Por último, Larriba informou que 737 representantes  da administración serán os encargados o día dez  de novembro de transmitir a través de equipos informáticos dos resultados das eleccións unha vez que pechen as furnas as oito da tarde. Estes funcionarios e funcionarias son os  encargados de remitir os datos de incidencias e de número de votantes as doce e as seis da tarde do domingo día dez.

Na provincia de Pontevedra están chamados as urnas un total de 772.766 persoas.