Maica Larriba inaugura a xornada sobre o impacto do Brexit na industria metalúrxica

Maica  Larriba inaugura a xornada  sobre o impacto do Brexit na industria metalúrxica

20/02/2020


A subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu a inauguración da xornada formativa organizada por ASIME e o ICEX e subliñou o crecemento experimentado nas exportacións do sector en máis dun 6% respecto a 2018


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba inaugurou esta mañá, xunto ao xerente de ASIME, Enrique Mallón e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, unha xornada de traballo organizada pola entidade do sector e o  ICEX na cidade olívica.

Maica  Larriba quixo destacar a importancia que supón para o goberno de España “este sector que representa o 20% do Produto Interior Bruto desta comunidade autónoma, sendo especialmente estratéxica para a provincia de Pontevedra”.

Por ese motivo, a subdelegada do Goberno apoia este tipo de iniciativas que promovan alternativas e mellores leitos de actuación nas novas negociacións comerciais que rexerán a partir de agora co Reino Unido. Respecto diso, Larriba lembrou que “o país anglosaxón é un dos principais socios comerciais de Galicia, sendo o cuarto destino das nosas exportacións cun total de 502 empresas galegas que actualmente exportan os seus produtos cunha facturación que supera os 1600 millóns de euros ao ano.

Concretamente, a subdelegada do Goberno apuntou que “o sector metalúrxico en Pontevedra creceu en exportacións ao Reino Unido nun 6% respecto ao ano 2018, é dicir, máis de 619 millóns de euros en bens exportados, cifras que avalan a importancia desta actividade na provincia, alcanzando o 40% das exportacións na nosa comunidade autónoma”.

Maica  Larriba animou ao colectivo empresarial para que transmitan ao goberno todas  aquelas inquietudes que poidan percibir nos novos protocolos comerciais co Reino Unido e recomendou que “ao expor as relacións comerciais, conten coas actuais infraestruturas de control aduaneiro e sanitario en portos e aeroportos. Unhas estruturas que a administración estatal dotou de máis medios para poder cubrir as necesidades de todos os operadores".