Maica Larriba comprométese a manter a efectividade da seguridade cidadá en Cangas

Imaxe da reunión

25/02/2020

O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, transmiten á cidadanía unha mensaxe de seguridade


A subdelegada do Goberno, Maica Larriba presidiu xunto ao alcalde de Cangas,  Xosé Manuel Pazos, a Xunta Local de Seguridade para analizar a situación de seguridade na vila. Ambos recoñeceron que nos últimos días tense rexistrado varios furtos en establecementos comerciais da localidade que teñen provocado unha inquedanza entre a cidadanía.

Nembergantes ambos transmitiron una mensaxe de seguridade xa que as últimas actuacións da Garda Civil teñen producido detencións de varios individuos acusados de diversos roubo, ingresando un deles na cadea.

De feito, segundo os datos presentados polo comandante accidental de Pontevedra, o tenente coronel, Manuel Touceda, o reforzo dos efectivos nas últimas semanas teñen dados os seus froitos coas detencións efectuadas nos últimos días.

Na xunta local de seguridade admitiuse que, sobre todo, nos dous últimos meses produciuse un repunte da delincuencia de baixa intensidade dada a alta actividade de uns poucos individuos que  presentan diversas adicións. Estas persoas están identificadas e dous delas xa pasaron a disposición xudicial sendo os responsables de case que un setenta por cento dos roubos acaecidos nestas últimas semanas.

No que respecta ao computo de taxa de criminalidade da localidade canguesa mantense nos mesmos índices que se rexistran en toda la provincia, incluso un punto por debaixo.

Por último, o alcalde e maila subdelegada insistiron na que a seguridade vai permanecer garantida na vila e a presenza dos corpos e forzas de seguridade do Estado segue a estar garantida. A mais o alcalde informou que nos próximos meses cubriranse as prazas vacantes na actualidade da policía local.