A Delegación do Goberno anima ao sector cinematográfico galego a solitar as axudas por 13,5 millóns do Ministerio de Cultura

A Delegación do Goberno anima ao sector cinematográfico galego a solitar as axudas por 13,5 millóns do Ministerio de Cultura

24/08/2020


A meta desta medida é paliar as perdas producidas pola pandemia da COVID-19, con ata 32.000 euros para as salas de cine e ata 70.000 para as producións

A data límite para presentar as solicitudes é o mércores 2 de setembro

O Goberno mantén a súa aposta polo escudo social fronte á pandemia para que ninguén quede atrás


A Delegación do Goberno anima ao sector cinematográfico galego a solicitar as axudas do Ministerio de Cultura, dotadas con máis de 13,5 millóns de euros, cunha liña específica para as salas de exhibición e outra para a produción de curtametraxes. As achegas están impulsadas polo Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais.

O delegado do Goberno, Javier Losada, resaltou que o obxectivo é paliar as perdas producidas pola pandemia da COVID-19. Para ir, o Ministerio de Cultura expón una primeira liña con 13,252 millóns de euros para salas de cine, cunha dotación máxima de 32.000 euros para complexos con máis de oito pantallas. As achegas parten de 8.000 euros para salas cunha única pantalla e teñen tramos de 14.000 para dúas, 20.000 para entre 3 e 5, e 26 para entre 6 e 8.

Está previsto financiar gastos incidentais xerados como consecuencia das medidas sanitarias adoptadas, gastos de campañas orientadas á reapertura e volta do público ás salas cinematográficas, gastos en actuacións que permitan aumentar a programación de campañas escolares e espazo publicitario para promoción e avances de cinema español nas salas e campañas institucionais, entre outros conceptos.

O Ministerio ten outra liña de achegas, neste caso dotada con 300.000 euros e cunha contía máxima de 70.000, para a produción de curtametraxes. O prazo para solicitar ambas liñas de achegas finaliza a próxima semana, en concreto o mércores día 2 de setembro ás 14 ahoras.

A Delegación do Goberno destaca o traballo do ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, por Galicia. Ademáis desta medida, hai uns días impulsou outros 4 millóns de euros para librarías independentes e realizou actuacións nos últimos meses que mostran o seu compromiso coa Comunidade, entre as que destacan o impulso ao Xacobeo 2021, que xa conta cunha prórroga dos seus beneficios fiscais ata 2022, coas máximas cantidades que pode establecer o Goberno.

Esta medida enmárcase na aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crise con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar outras medidas previas para combatir a falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.

As aportacións económicas directas do Goberno teñen un impacto en Galicia de ao redor de 400.000 persoas. Tamén hai partidas directas de inxección de liquidez pública, coma o reparto destes fondos de servizos sociais, os entregados de maneira directa a sanidade ou os dados á autonomía, pendentes de novos repartos das sucesivas partidas, para afrontar os gastos derivados da pandemia.