Javier Losada supervisa coas Forzas de Seguridade o cumprimento das medidas de restricción derivadas do estado de alarma en Galicia

Javier Losada supervisa coas Forzas de Seguridade o cumprimento das medidas de restricción derivadas do estado de alarma en Galicia

11/01/2021

O delegado agradeceu a responsabilidade que está amosando a cidadanía galega respecto ás medidas dictadas pola autoridade sanitaria

Insiste na necesidade de non baixar a garda ante a evolución da pandemia

Nesta semana as subdelegacións do Goberno están celebrando reunións homólogas para concretar sobre o territorio as medidas e dispositivos de control precisos


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiu hoxe a reunión do Centro de Coordinación (CECOR) Autonómico establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria e ao estado de alarma.

O CECOR está integrado, ademáis de polo delegado do Goberno, polo xeneral da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez; o xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro; o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal; a responsable de Protección Civil na Delegación do Goberno en Galicia, María Dolores Gómez; o secretario xeral da Delegación do Goberno, Alberto de la Fuente; e a xefa do gabinete técnico do delegado, María Rivas.

Na reunión de hoxe avaliáronse as últimas medidas ditadas pola autoridade sanitaria competente relativas a peches perimetrais e outras limitacións que permite modular o decreto do estado de alarma.

Javier Losada volveu a agradecer o alto grao de cumprimento e a responsabilidade amosada polas galegas e os galegos que se manifestou na ausencia de incidentes reseñables nos primeiros días do ano. Neste sentido, insistiu no chamamento a manter as medidas de autoprotección sen baixar a garda ante a evolución da pandemia na Comunidade e lembrou que as Forzas de Seguridade traballan para garantir o cumprimento das restricións impostas pola Xunta.

En paralelo a esta reunión, as subdelegacións do Goberno reúnen nestes días aos Centros de Coordinación provinciais onde se determinan dispositivos e medidas de control sobre o territorio de acordo coas necesidades e restriccións de cada provincia galega.