José Miñones exemplifica a acción do Goberno para dinamizar o rural galego con iniciativas como a recuperación da terra agraria de Carballeda de Avia

30/05/2021

O Goberno realizou actuacións na comarca para paliar os danos dos incendios forestais por valor de 1,7 millóns de euros, con máis de vinte proxectos

Hai poucos meses, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil entregou ao Concello a nova depuradora do núcleo de Vilar de Condes

O delegado do Goberno subliña a importancia de levar a acción do Executivo a cada recuncho de Galicia, en especial aos concellos rurais para poder abordar o reto demográfico

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, exemplifiou hoxe a acción do Executivo para dinamizar o rural galego con iniciativas como a recuperación da terra agraria de Carballeda de Avia. Fíxoo durante unha visita ao Concello, onde mantivo un encontro institucional co alcalde, Luis Milía, acompañado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González.

José Miñones incidiu no compromiso do Executivo para dinamizar o rural galego con iniciativas pioneiras que nacen co obxectivo de abordar o reto demográfico. Nese senso, subliñou a importancia de levar a acción do Goberno aos diferentes concellos, que comezou coa visita a Negueira de Muñiz (Lugo), o menos poboado de Galicia, e ten continuidade con encontros como o de hoxe.

Abordou co alcalde a situación do Camiño Natural de Carballeda de Avia, na que o Ministerio de Agricultura e Pesca está implicado. Lembrou a inversión de 1,3 millóns de euros para acondicionamento da infraestrutura, ademais de mantemento das obras e xestión das actividades recreativas, que tamén reciben un impulso.

O Camiño Natural de Carballeda de Avia ten 18 quilómetros que discurren pola serra de Pena Corneira, declarada Monumento Natural en 2007. O obxectivo deste tipo de instalacións e manter o uso público das infraestruturas de comunicación, respostar á demanda social de servizos turísticos alternativos, facilitar o acceso á poboación dunha experiencia deportiva, cultural educativa e de contacto coa natureza e favorecer o desenvolvemento sostible da área.

Outro tema abordado no encontro institucional foi a recuperación da terra agraria tras os incendios forestais de 2017, que arrasaron a zona e segaron unha vida neste Concello. Na comarca houbo inversión por 1,7 millóns de euros para máis de vinte proxectos.

O rexedor agradeceu ao delegado o compromiso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil na área, que queda patente coa entrega, o pasado mes de setembro, da nova depuradora do núcleo de Vilar de Condes, cunha inversión de 162.000 euros.

Pola súa banda, o delegado do Goberno celebrou a recente creación do Centro de Información á Muller do Concello, que é o único da comarca. Ambos coincidiron en que a loita pola igualdade e contra a violencia machista debe ser unha prioridade.

José Miñones salientou a importancia da comarca do Ribeiro como motor do tecido rural de provincia de Ourense e acadou o compromiso de manter contacto directo e estreito cos concellos para seguir as súas necesidades.

Un dos obxectivos de José Miñones como delegado é prestar especial atención aos concellos máis pequenos e con menos recursos, co fin de facerlles chegar o amplo abano de proxectos, plans e axudas que o Goberno de Pedro Sánchez ten á súa disposición.

“En Galicia hai 313 concellos e 200 deles teñen menos de 5.000 habitantes; o obxectivo e chegar a eles e levarlles as políticas dun Goberno que os ten en conta, co fin de que vivir nestes municipios sexa un privilexio e non una condena”, asegurou.

A Delegación do Goberno puxo en marcha este mes de abril a nova Área de Coordinación Municipal. Trátase dunha iniciativa do propio delegado para manter un contacto estreito cos concellos e asegurar que as políticas do Goberno chegan a cada recuncho de Galicia.