José Miñones subliña a importancia dos 5 millóns de euros concedidos de forma directa polo Goberno á Universidade da Coruña para fomentar o talento

05/05/2021

A aportación do Executivo permitirá á UDC conceder un mínimo de 35 achegas para formación de doctores mozos, recualificación do profesorado e atracción de talento internacional ata 2023

O Goberno vén de conceder 5,5 millóns de euros para investigación á Universidade da Coruña

As bolsas chegaron a 4.876 alumnas e alumnos da UDC durante o curso 2020/2021, un terzo do total

O delegado do Goberno ofrece ao reitor unha liña de estreita colaboración


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou hoxe a importancia dos 5 millóns de euros concedidos de forma directa polo Executivo á Universidade da Coruña para fomentar o talento. Expresouse así tras unha visita á institución, onde mantivo un encontro co reitor, Julio Abalde.

Na reunión, o delegado e o reitor abordaron o recente acordo do Consello de Ministros para aprobar un Real Decreto-Lei que regula as achegas para fomentar o talento. Este inclúe 5.038.188 euros para a UDC, que deberá conceder un mínimo de 35 programas entre 2021 para formación de doctores mozos, recualificación do profesorado e atracción de talento internacional ata 2023.

“Debemos destacar o feito de que se mudou o xeito de otorgar esas achegas. Agora son subvencións directas ás universidades sen pasar polas comunidades autónomas, para que así a UDC xestione os fondos de forma máis eficiente”, asegurou o delegado do Goberno.

Esta aportación do Goberno únese á concedida para investigación, que ascende a 5.472.016,5 euros para 56 proxectos en 2020. Corresponde ao Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do Instituto de Saúde Carlos III, da Axencia Estatal de Investigación e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnología; e ao Ministerio de Igualdade.

Outro dos asuntos abordados foron as bolsas universitarias. Foron 12,5 millóns de euros no curso 2019/2020 para 4.876 bolseiros, o que supón un terzo do total do alumnado da UDC. Nese senso, o delegado do Goberno destacou que as bolsas están incluídas no “escudo social” do Executivo para non deixar a ninguén atrás.

Por ese motivo, neste curso académico facilitáronse as condicións para o acceso ás bolsas, co obxectivo de poder chegar a máis alumnado nunha edición marcada pola pandemia. Por iso, José Miñones agradeceu ao reitor o programa de “axudas directas ao alumnado”, que complementa as iniciativas do Executivo.

O delegado do Goberno ofreceu ao reitor unha liña de estreita colaboración, como a que está patente no proxecto da Cidade das TIC. É unha iniciativa da UDC que chega tras a cesión dos terreos por parte do Executivo, a través do Ministerio de Defensa, que está a punto de empezar a funcionar.

José Miñones tivo a oportunidade de asinar no libro de ouro da Universidade da Coruña nesta visita. Trátase do primeiro encontro institucional co reitor desde a súa toma de posesión.