José Miñones certifica o compromiso do Goberno co emprego e a actividade industrial de Alu Ibérica

11/05/2021

O delegado do Goberno trasmitirá ao Ministerio de Industria as demandas expresadas hoxe pola representación sindical

José Miñones lembra o respaldo ao cadro de persoal, constatado durante todo o proceso e traducido na recente personación da Avogacía do Estado no proceso penal fronte á empresa

O Ministerio de Industria vela polo cumprimento dos compromisos adquiridos no proceso de venda


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, certificou hoxe o compromiso do Executivo con emprego e a actividade industrial de Alu Ibérica. Expresouse así durante unha reunión con representantes do comité de empresa da factoría da Coruña, celebrada na sede da Delegación do Goberno.

José Miñones transmitirá ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo as demandas expresadas hoxe pola representación sindical, formada por Juan Carlos López, Manuel Cabezas, Juan Ramón Paseiro e Adrián Barreiro. Estas coinciden cos obxectivos do Goberno, que busca manter a actividade vinculada á producción de aluminio.

O delegado do Goberno lembrou o respaldo ao cadro de persoal, constatado durante todo o proceso cando a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, pilotou un proceso que comezou co interese da empresa de pechar e acabar cos postos de traballo, pero finalmente accedeu a manter a todo o cadro de persoal a través dunha venda.

A isto hai que unir a recente personación da Avogacía do Estado no proceso penal fronte á empresa. En concreto, este organismo está no proceso iniciado polos sindicatos frente a Alcoa, Parter Capital e Grupo Riesgo co interese de defender as achegas públicas concedidas por compensación de costes de emisións indirectas de dióxido de carbono.

Por outra banda, o Ministerio de Industria vela polo cumprimento dos compromisos adquiridos no proceso de venda. De feito, determinou no seu momento este grado no acordo que levou á venda das factorías da Coruña e Avilés.

Ademais, o Goberno vén de aprobar o Estatuto de Consumidores Electrointensivos, que supón o primeiro marco que aporta certezas a longo prazo para este tipo de empresas, como é o caso de Alu Ibérica.