José Miñones subliña que o novo buque AOR da Mariña Australiana sitúa a Ferrol á cabeza do mundo na construcción naval de Defensa

20/05/2021

O delegado do Goberno apunta que o programa das fragatas F-110 avanza coa fase de enxeñería segundo o establecido pola empresa e o Ministerio de Defensa

José Miñones tamén estivo hoxe ao Arsenal Militar de Ferrol onde se reuniu co vicealmirante Antonio Duelo, xefe destas instalacións da Armada


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou hoxe que a culminación do contrato de buques de aprovisionamento para a Real Mariña Australiana sitúa aos estaleiros de Navantia en Ferrol na cabeza mundial do sector naval da Defensa. Manifestouno tras asistir nas instalacións de Navantia ao acto de despedida do segundo AOR Supply construído en Ferrol e que emprendeu hoxe travesía ata as instalacións de Navantia en Sydney.

Este segundo buque súmase ao que dende xaneiro está xa en Australia onde se ultiman os traballos para a súa entrega definitiva ao Goberno daquel país. Unha vez este programa estea concluído, a Mariña Australiana terá en servicio 19 unidades navais deseñadas por Navantia, 16 delas construídas en España.  

O contrato dos buques para a Mariña Australiana asinouse en maio de 2016. Este contrato supuxo 1,5 millóns de horas de traballo por buque, así como 70.000 horas derivadas doutras actividades paralelas, o que se traduciu en 1.800 empregos directos e indirectos.

No que respecta ao programa das fragatas F-110, o delegado do Goberno confirmou que o Executivo está avanzando segundo o plano establecido polo Ministerio de Defensa e a empresa pública. Nestes momentos, estase finalizando a Revisión de Deseño Preliminar, a fase de enxeñería na que tamén participan varias empresas españolas.

Arsenal Militar

Previamente ao acto de despedida en Navantia, o delegado do Goberno mantivo un encontro co almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol nas instalacións da Armada.

Trátase do primeiro encontro co vicealmirante Antonio Duelo tras a toma de posesión de José Miñones. Na reunión, o delegado interesouse polas actividades militares, educativas e pola colaboración que presta a Armada no rastreo de casos de COVID dende Ferrol. Ambos emprazáronse para unha visita máis extensa ás instalacións e aos centros formativos que dependen da Armada nesta cidade.