José Miñones anima aos colleiteiros de Ribeiro a sumar as oportunidades do Plan de Recuperación do Goberno de España para modernizar e internacionalizar a producción

José Miñones anima aos colleiteiros de Ribeiro a sumar as oportunidades do Plan de Recuperación do Goberno de España para modernizar e internacionalizar a producción

28/05/2021

“Se traballamos xuntos, o Ribeiro será futuro”, asegura

Subliña o factor humano como a chave do éxito dos viños da denominación de orixe máis antiga de Galicia

Felicita ao Concello de Ribadavia e ao Consello Regulador pola organización dunha feira que recupera a parte presencial tras a pausa do ano anterior


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, animou aos colleiteiros e empresarios do viño do Ribeiro a sumar as oportunidades que ofrecerá o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España para modernizar e internacionalizar a súa producción. Tamén instou a tódalas administracións a camiñar xuntas para engrandecer a denominación de orixe máis antiga de Galicia: “Se traballamos xuntos, o Ribeiro será futuro”, indicou.

José Miñones pronunciou estas verbas en Ribadavia na inauguración da 58ª edición da Feira do Viño do Ribeiro, que amosará durante os próximos días o traballo de 27 adegas desta denominación de orixe.

O delegado puxo a disposición do sector a colaboración dos diferentes ministerios implicados tanto na execución do Plan de Recuperación como na promoción internacional deste producto. Nesta liña, apuntou a iniciativa “Vinos de España”, a través das Oficinas de Comercio Exterior do Ministerio de Industria.

Para os homes e mulleres que traballan nas empresas do Ribeiro, o delegado tivo tamén palabra de recoñecemento, ao lembrar que detrás do prestixio dos viños do Ribeiro está o factor humano, “centos de persoas que, xeración a xeración, vivides por e para o viño”.

A Feira do Viño do Ribeiro recupera a celebración presencial tras a pausa imposta pola pandemia da COVID no ano anterior. O delegado tivo tamén palabras de felicitación hacia o Concello de Ribadavia e o Consello Regulador da Denominación de Orixe pola organización da mostra deste ano: “O mellor escaparate para o Ribeiro nun escenario inigualable, que son as rúas e prazas de Ribadavia”, apuntou.