José Miñones constata os beneficios para a xustiza galega derivados da apertura dos novos xulgados da Coruña, Lugo e Vigo

José Miñones constata os beneficios para a xustiza galega derivados da apertura dos novos xulgados da Coruña, Lugo e Vigo

01/06/2021

O Ministerio de Xustiza impulsou a posta en marcha o 31 de marzo de tres novos xulgados do social, incluídos no plan de medidas urxentes COVID-19

José Miñones mantivo o seu primeiro encontro institucional cos responsables dos xuíces e os fiscais en Galicia


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, constatou hoxe os beneficios para a xustiza galega derivados da apertura dos novos xulgados da Coruña, Lugo e Vigo. Fíxoo durante sendos encontros institucionais co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez, e o fiscal superior da Comunidade, Fernando Suanzes.

Dentro do plan de medidas urxentes COVID-19, o Ministerio de Xustiza impulsou a posta en marcha o pasado 31 de marzo dos novos xulgados do social número sete da Coruña, número catro de Lugo y número sete de Pontevedra, en Vigo, que levan dous meses en marcha.

José Miñones certificou co José María Gómez e Fernando Suanzes a boa marcha dos tres organismos e a boa resistencia da xustiza galega á pandemia e a todo o que implica.

O delegado do Goberno espera que este primeiro encontro institucional cos responsables do xuíces e os fiscais en Galicia marque unha senda de estreita colaboración para mellorar os servizos. Nese senso, subliñou o traballo do ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, pola Comunidade que queda certificado en iniciativas como a apertura dos xulgados.