José Miñones afirma que o actual “é o Goberno de España máis cumplidor e máis investidor que tivo Pontevedra”

O delegado do Goberno explica ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que o Executivo destina 310 millóns de euros a actuacións na cidade

23/06/2021

O escudo social do Executivo na provincia de Pontevedra ascende a 2.965 millóns de euros con máis de 110.000 persoas traballadoras protexidas e máis de 13.000 empresa avaladas

José Miñones detalla que o tramo Vilaboa-A Ermida da A-57 ten a súa execución nun 58% e engade que o enlace de bombeiros está pendente da firma dun convenio con Audasa con 2,3 millóns de euros previstos para este mesmo ano

En materia de eficiencia enerxética, o Executivo dedica más dun millón de euros a renovar a iluminación das parroquias de Verducido, Santa María de Xeve e San Andrés de Xeve

O Plan Xacobeo inclúe 1,5 millóns de euros para a posta en valor do mosteiro de San Salvador de Lérez


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, afirmou hoxe que o actual Executivo “é o Goberno de España máis cumplidor e máis investidor que tivo Pontevedra”. Expresouse así tras o primeiro encontro institucional co alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores.

“Teño que decir que hoxe Pontevedra ten a resposta que merece. Podo decir que o Goberno de España cumple con Pontevedra. Todos os investimentos demandados que estaban á cola están ágora en marcha, uns en execución e outros na quenda de saída. Este é o Goberno máis cumplidor e máis investidor que tivo Pontevedra”, subliñou.

Nese senso, relatou que só en obras son 310 millóns de euros para a cidade do Lérez. O escudo social no conxunto da provincia, que protexeu e protexe a case 83.000 persoas en ERTE, a cerca de 33.000 autónomas e autónomos e serviu para avalar a máis de 13.000 empresas ascende a 2.965 millóns de euros no último ano, cunha boa parte con impacto directo na cidade.

ACTUACIÓNS DO GOBERNO

Entre as infraestruturas que interesan a Pontevedra está a autovía A-57, como circunvalación da cidade. “O tramo Vilaboa-A Ermida, de 6,2 kiómetros e 62 millóns de orzamento, xa está executado nun 58%. Os outros dous tramos, A Ermida- Pilarteiros e Pilarteiros-Barro, seguen coa súa tramitación. Son dous tramos que suma 15 quilómetros e preto de 240 millóns de euros”, subliñou.

Outro proxecto actual é o do enlace de bombeiros. “Agora estamos pendentes da firma dun convenio con Audasa, pois as obras afectan á concesión. O Ministerio de Transportes está a estudar a proposta de convenio do Concello para a permuta de terreos do actual emprazamento do parque de bombeiros. Os Orzamentos deste ano recollen unha partida de 2,3 millóns de euros dos 7 que contempla esta actuación”, continuou.

En eficiencia enerxética, o Ministerio para a Transición Ecolóxica dedica máis dun millón de euros para renovar a iluminación nas parroquias de Verducido, Santa María de Xeve e San Andrés de Xeve.

Outra actuación destacada é o investimento en vivenda a través de dous convenios que suman máis de 300.000 euros, cos que se fomenta a rehabilitación no conxunto histórico de Pontevedra e no núcleo de Estribela.

“E unha última actuación é a que temos incorporado ao Plan Xacobeo presentado a semana pasada e que contempla a inversión de 1,5 millóns de euros na posta en valor do mosteiro de San Salvador de Lérez”, detallou o delegado do Goberno.

José Miñones sostivo que está demostrado “o compromiso do Goberno de España con Pontevedra, unha cidade con políticas que van na liña da aposta do Goberno pola sustentabilidade, a recuperación de espazos e a convivencia”.

Por iso, lanzou “unha mensaxe clara aos veciños e veciñas de Pontevedra”. “O Goberno de España está comprometido coa cidade, cos seus plans de presente e de futuro”, rematou.