Isabel Rodríguez entrega outras 50.000 máscaras aos concellos da provincia de Lugo

Imagen de entrega mascarillas

09/07/2021

A subdelegada do Goberno entregou 15.000 unidades a Miguel Fernández para o Concello de Lugo e 35.000 a Pablo Rivera para que a Deputación as distribúa no resto de concellos lucenses

Nos próximos días entregarase outro lote de máscaras a entidades sociais da provincia

É a oitava campaña de distribución de máscaras que fai o Goberno na provincia na que colaboran os ministerios de Sanidade e de Política Territorial


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entregou hoxe ao tenente de alcaldesa de Lugo, Miguel Fernández, e ao deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, outras 50.000 máscaras que distribúe o Goberno aos concellos da provincia con destino a colectivos vulnerables.

 

Isabel Rodríguez lembrou que “con esta xa levamos oito campañas, dúas delas este ano, de distribución de máscaras cirúrxicas na provincia desde o comezo da pandemia nas que levamos repartidas ata hoxe 576.500 unidades tanto a concellos como a entidades sociais”.

 

A subdelegada entregou esta mañá un lote de 15.000 máscaras ao tenente de alcaldesa de Lugo e as restantes 35.000 recolleunas o deputado provincial de Promoción Económica e Social, xa que a Deputación faise cargo, de novo, do operativo de distribución entre os concellos da provincia que teñen poboación inferior a 20.000 habitantes, tal e como acordaron o Goberno e a Federación Española de Municipios de Provincias.

 

Como nas anteriores campañas, nesta acción, que tamén chegará nos próximos días a entidades sociais da provincia, colaboran os ministerios de Sanidade e de Política Territorial e Función Pública e a distribución coordinase desde as subdelegacións do Goberno