Isabel Rodríguez fai entrega de 16.000 máscaras a entidade sociais da provincia

Imagen entrega mascarillas a entidades sociales

14/07/2021

A subdelegada do Goberno entregou un novo lote de máscaras a Cáritas, Cermi e o Banco de Alimentos

Desde o comezo da pandemia, o Goberno repartiu na provincia de Lugo case 600.000 máscaras

Os ministerios de Sanidade e de Política Territorial colaboran para facilitar material de protección contra a pandemia aos colectivos vulnerables


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entregou hoxe un lote de 16.000 máscaras a entidades sociais da provincia nun acto co que concluíu a oitava campaña de distribución deste material de protección contra a pandemia para colectivos vulnerables. A subdelegada fixo entrega das máscaras aos representantes de Cáritas,Mónica Yáñe; Cermi, representada por Jesús Noya, de Fademga, e o Banco de Alimentos, Amadora Núñez, nun acto celebrado esta mañá na Subdelegación do Goberno.

 

Isabel Rodríguez agradeceu o labor que levan a cabo estas entidades en apoio das persoas desfavorecidas e puxo en valor o extraordinario papel que levan xogado durante toda a crise sanitaria.

 

Rodríguez lembrou que nesta oitava campaña, que comezou a semana pasada co material facilitado aos concellos, o Goberno fai chegar un total de 66.000 máscaras para axudar á protección contra a pandemia das persoas máis vulnerables da provincia.

 

Explicou tamén a subdelegada que os ministerios de Sanidade e de Política Territorial colaboran na distribución deste material sanitario na provincia e indicou que, co lote entregado hoxe ás entidades sociais, a Subdelegación do Goberno leva repartidas 592.500 máscaras sanitarias na provincia desde o comezo da pandemia.