Isabel Rodríguez preside a Xunta de Seguridade do Rally San Froilán

13/10/2021

Forzas de seguridade, organización e administracións ultiman o dispositivo da 43 edición da proba automobilística

Isabel Rodríguez lembra ao público a necesidade de respectar a sinalización e cumprir a normativa sanitaria e as indicacións do persoal encargado da seguridade


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a Xunta de Seguridade que ultimou o dispositivo encargado de velar pola seguridade na 43 edición do Rally San Froilán. Na xuntanza participaron responsables da Escudería Miño, organizadora da proba; así como da Garda Civil, Subsector de Tráfico, Policía Nacional, Xefatura provincial de Tráfico, Policía Local, Bombeiros e Protección Civil do Concello de Lugo, e Xunta de Galicia.

 

Trala xuntanza, a subdelegada do Goberno fixo un chamamento á organización, aos corredores participantes e moi especialmente a todo o público que se congregará para presenciar o paso do Rally polas estradas da provincia para que sexan respectuosos coas normativas de seguridade e que sigan a manter as cautelas sanitarios. A subdelegada pediu aos afeccionados e corredores que atendan á sinalización e cumpran coas indicacións do persoal que se ocupará da seguridade da proba  e, no caso dos espectadores, que se manteñan sempre dentro dos espazos acotados para eles.

 

A 43 edición do Rally San Froilán desenvolverase entre os días 22 e 24 de outubro. Este ano a proba disputarase nos concellos de Lugo, Outeiro de Rei, Friol, O Corgo, Sarria e Láncara, con un percorrido de 474 km dos que 116 corresponden a treitos cronometrados por estradas asfaltadas que estarán pechadas ao tráfico.