O Goberno aumenta en 50 millóns de euros o presuposto para becas neste curso 2018-2019

Imaxe da rolda de prensa

25/09/2018


A subdelegada do Goberno explicou que “unha das primeiras medidas que puxo en marcha este Executivo foi mellorar a dotación das becas porque a formación e o mellor medio para loitar contra a desigualdade social”

O director da Alta Inspección de Educación en Galicia, Manuel Regueiro, informou de que o Goberno destinará case 1.500 millóns de euros á convocatoria de bolsas para este curso, aumenta o importe das bolsas para as rendas máis baixas, baixa a nota para a bolsa de matrícula na Universidade e recibirán un trato especial as vítimas de violencia de xénero e os seus fillos


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o director da Alta Inspección de Educación en Galicia, Manuel Regueiro, presentaron hoxe as principais novidades que ofrece a política de becas e axudas ao estudo que pon en marcha o Executivo de Pedro Sánchez para acabar cos recortes dos anteriores gobernos.

“Unha das primeiras medidas que puxo en marcha este Goberno foi mellorar a dotación das becas porque a formación é o mellor medio para loitar contra a desigualdade social e nós apostamos por favorecer a igualdade de oportunidades no acceso á educación”, destacou Isabel Rodríguez.

Tal e como explicou a subdelegada do Goberno, “o novo programa de becas inclúe novidades como o incremento dos cartos que destinamos ás axudas ao estudo e medidas que favorecen aos alumnos que están nunha situación máis vulnerable, como é o caso das familias coas rendas máis baixas así como ás víctimas de violencia de xénero e os seus fillos”.

“Quero facer fincapé no compromiso deste Goberno co acceso ao ensino público e de calidade. Esta é unha das nosas prioridades dentro da política do Goberno de recuperación do Estado de Benestar, tan afectado polos recortes do PP en temas como a Sanidade e a Educación”, manifestou Isabel Rodríguez.

MÁIS CARTOS E MÁIS BOLSEIROS

Pola súa parte, Manuel Regueiro informou de que o Goberno quere garantir que ningún alumno abandone os estudos por motivos económicos. Para iso, anunciou o aumento en 50 millóns de euros do presuposto destinado a becas, un 4% máis que o curso anterior. A convocatoria deste ano prevé investir 1.472 millóns de euros en ayudas ao estudo.

Entre outras novidades, neste curso medra de 1.500 a 1.600 euros a parte fixa destinada aos estudantes con rendas máis baixas, o que beneficiará a uns 250.000 bolseiros.

Tamén se baixará o umbral da nota de 5,5 a 5 para obter  a beca de matrícula no primeiro curso de estudos universitarios. Neste caso, o Ministerio de Educación calcula un incremento duns 10.000 bolseiros neste curso 2018-2019.

Ademais, as vítimas de violencia de xénero e os seus fillos estarán exentos do cumprimento dos requisitos académicos para a concesión de becas.

Regueiro indicou que tamén se dá apoio especial para axudar a alumnos afectados por TDAH (trastornos de déficit de atención por hiperactividade), con algún tipo de dispacapacidade ou trastorno grave de conduta e outro programa específico para alumnos con alta capacidade intelectual.

No curso anterior, presentáronse en Galicia 35.297 solicitudes de becas. O número de bolseiros foi de 23.864 e o importe das axudas concedidas ascendeu a 28.594.783 euros.