Isabel Rodríguez: “Máis de 25.000 pensionistas da Mariña beneficiaranse dos Presupostos de 2019, que reservan máis de 9,5 millóns a investimentos directos na comarca”

Isabel Rodríguez: “Máis de 25.000 pensionistas da Mariña beneficiaranse dos Presupostos de 2019, que reservan máis de 9,5 millóns a investimentos directos na comarca”

30/01/2019


A subdelegada do Goberno destaca que “estes Presupostos son unha aposta decidida pola Mariña e a provincia de Lugo xa que o investimento en obra pública medra este ano un 18%, nunhas contas que teñen como principal obxectivo atender ás persoas máis castigadas polos recortes do PP”

Isabel Rodríguez explica que “o Goberno implícase na recuperación do Estado do Benestar, sen desatender as obras que modernizarán a Mariña e o conxunto da provincia, traballando para mellorar a calidade de vida dos mariñáns e o resto dos lucenses”


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe da importante aportación que fan os Presupostos Xerais do Estado para 2019 á mellora da calidade de vida dos mariñáns, que sintetizou no feito de que “estes Orzamentos van beneficiar a máis de 25.000 persoas da comarca que viven dunha pensión”. Ademais do seu marcado carácter social, os Orzamentos do Estado para 2019 reservan máis de 9,5 millóns de euros para investimentos directos nos concellos da Mariña.

Estes datos son proba, explicou a subdelegada que “e que o Goberno aposta con estes Presupostos pola Mariña e por Lugo, xa que o investimento real en obra pública no conxunto da provincia aumenta este ano un 18,24% respecto do previsto nos Presupostos do ano pasado, ata alcanzar a cifra de 71,2 millóns de euros, nunhas contas que teñen como principal obxectivo atender ás persoas máis vulnerables, que foron as que resultaron máis castigadas polos recortes dos gobernos do PP”.

“O Goberno implícase na recuperación do Estado do Benestar e faino sen desatender as obras que modernizarán a Mariña e o conxunto da provincia e mellorarán a calidade de vida dos mariñáns e o resto dos lucenses”, aclarou a subdelegada. De feito, “nas contas do Estado para 2019, o Goberno dálle prioridade a colectivos como os pensionistas, os desempregados, ás mulleres maltratadas ou aos mozos que precisan dunha bolsa para poder estudar, que foron vítimas das políticas regresivas dos gobernos do PP”.

Isabel Rodríguez detallou que a revalorización das pensións beneficiará a  na Mariña a 25.004 veciños residentes nos distintos concellos desta comarca. Os pensionistas tamén se beneficiarán da supresión progresiva do copago farmacéutico. Do mesmo xeito, os Presupostos do Estado para 2019  aumentan a 30,5 millóns de euros as partidas para becas para chegar a 52.426 estudantes. A recuperación do subsidio de desemprego para maiores de 52 anos supón un investimento de 15,1 millóns para chegar a 5.343 galegos e galegas. E, ademais, 61 concellos da provincia de Lugo poderanse adherir ao programa para facerlle fronte ao reto demográfico que conta con 80 millóns de euros para concellos con menos de 10.000 habitantes.

9,5 MILLÓNS EN OBRAS

Estas importantes medidas sociais refórzanse cos investimentos que levará a cabo o Goberno para mellorar as comunicacións e a calidade de vida dos veciños da comarca. Así, a subdelegada detallou que a Mariña  beneficiarase dun investimento directo en obra pública na comarca de 9.572.490 millóns de euros, para obras que se executarán nos distintos concellos mariñáns.

A partida de maior cuantía, 5 millóns de euros, está destinada ao sistema de protección antinéboa da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta. A N-642 dedícanse 2.280.620 euros para a rehabilitación de firme. Para a autovía da Mariña, A-74, nos Orzamentos inclúense tres partidas que suman máis de 1,8 millóns de euros, dos que 1,2 millóns son para o treito Burela-San Cibrao, 446.000 para o de Foz a Burela e 100.000 para Barreiros-Foz.

O ministerio de Fomento tamén ten prevista, en Mondoñedo  unha actuación, dentro do programa de rehabilitación arquitectónica para o acondicionamento dunha parcela para aparcamento na Travesía Casas Novas, ao que os Presupostos de 2019 dedican unha partida de 15.450 euros. Outros programas de Fomento son para axudas á rehabilitación de vivenda ou subvencións ao transporte.

Pola súa parte, o ministerio de Transición Ecolóxica reserva unha partida de 430.000 euros para actuacións na costa da Mariña.

A estes investimentos hai que engadir outras partidas programadas para actuacións que se levarán a cabo no conxunto da provincia ata acadar a cifra total de 71.224.690 euros. Así, o investimento real en estradas da provincia é de 43,45 millóns de euros. O Presuposto inclúe partidas para as autovías A-54, A-56, A-74 e A-76, ademais de 26 millóns de euros para a conservación de estradas, así como 9,4 millóns para adecuación dos túneles ao RD 635/2006 sobre seguridade e os 5 millóns de euros para medios antinéboa na A-8. Ademais, nos Presupostos para a provincia destaca o aumento nun 96,1% do investimento na modernización do ferrocarril, que pasa dos 8,8 millóns de 2018 aos 17,4 neste ano. Os investimentos máis relevantes de Adif son os  8,8 millóns de euros para a renovación de variantes da liña Monforte-Lugo e os 5,1 millóns para a electrificación da liña Monforte- Lugo.

PRINCIPAIS INVESTIMENTOS DE FOMENTO NA PROVINCIA

Confederación Hidrográfica Miño-Sil (Lugo, Ourense e Pontevedra) 15.380.000

Adecuación de túneles de estradas de Lugo al RD 635/2006 sobre seguridade 9.435.740

Renovación Variantes liña Monforte Lugo (Adif) 8.800.000

A-54. Tramo Vilamoure-Nadela e conexión con Lugo 5.813.280

Electrificación liña Monforte Lugo (Adif) 5.100.000

A-8. Sistema de protección antinéboa na Xesta 5.000.000

A-56. A Barrela (Lugo)-San Martiño (Ourense) 3.370.000

A-54. Melide (A Coruña)-Palas de Rei (Lugo) 3.251.270

N-642. Rehabilitación do firme 2.280.620

RENFE 2.171.000

A-74. Burela-San Cibrao 1.299.510

SEPI 1.258.000

Intervención no Camino Francés en concellos de Lugo 1.200.000

A-74. Foz-Burela 446.910

A-76. Circunvalación de Monforte 422.290

Actuacións de Costas 430.000

Conservación e restauración Mosteiro San Vicente do Pino (Monforte) 400.000

Actuacións en instalacións de seguridade ferroviaria 338.000

Estacións de ferrocarril 318.000

Actuacións en infraestruturas ferroviarias 268.000

N-547. Melloras dos cruces dos Camiños de Santiago 200.000

N-540. Rehabilitación do firme 200.000

L.A.V. Ourense-Lugo 160.000

Consolidación estrutural da Muralla de Lugo 150.646

A-54. Narón-Guntín e intercambiador Guntín 150.000

Rehabilitación Pazo Xeneral Paredes. Portomarín 150.000

Protección de pasos entre andéns ferroviarios 145.000

Inversións transversais ferroviarias 126.000

Obras da Garda Civil 100.000

N-VI. Mellora seguridade en glorieta Outeiro de Rei 100.000

A-74. Barreiros-Foz 100.000

Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) 90.000

A-8. Guitiriz-Lavacolla 50.000

A-56. Lugo-Ourense 20.000

Aparcamento en Mondoñedo 15.450