Maica Larriba visita as comisarías de Tui, Salvaterra e o centro de coordinación policial da fronteira portuguesa

Maica Larriba visita as comisarías de Tui, Salvaterra e o centro de coordinación policial da fronteira portuguesa

16/05/2019


A subdelegada do Goberno en Pontevedra subliña a importancia de manter o intercambio de información coas autoridades do país veciño


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba visitou recentemente as instalación das comisarías da Policía Nacional nas localidades de Tui e de Salvaterra  acompañada da comisaria provincial, Estíbaliz Palma.

Larriba percorreu, en primeiro lugar,  a comisaría da Policía Nacional mantén na localidade de Tui, onde foi informado polo responsable policial dos traballos que desenvolven a diario nestas dependencias. Así puido comprobar os servizos de estranxeiría, a elaboración de pasaportes e documento nacional de identidade (DNI) e a tramitación das peticións de asilo de persoas estranxeiras.

Posteriormente trasladouse ao Centro de Coordinación Policial e de Aduanas (CCPA), que se atopa nas antigas instalacións da fronteira con Portugal. Nestas dependencias foi informada do traballo que desenvolven os corpos e forzas de seguridade do Estado cos seus homónimos de Portugal. Este é un dos cinco centros de intercambio de información policial que mantén as autoridades españolas e portuguesas na fronteira entre ambos países. Tras a aplicación do Tratado de Schengen en 1995 a desaparición física das fronteiras permitiu crear estas oficinas de coordinación de xeito que os corpos de seguridade de ambos países podan en tempo real intercambiar información, tanto policial como aduaneira.

Tras este percorrido en Tui a subdelegada e a comisaria provincial trasladáronse ate Salvaterra onde o posto policial garante os servizos de pasaporte e DNI a toda  a veciñanza da comarca do Condado.  Nestas dependencias Maica Larriba firmou no libro de visitas  que se conserva dende 1930 nesta instalación policial, sendo a primeira subdelegada do Goberno en Pontevedra que deixou a súa rúbrica nesta “xoia” da historia desta comisaría de Salvaterra.