Maica Larriba denuncia o intento de regresión nos avances sobre violencia de xénero e comprométese a seguir traballando polas mulleres de Pontevedra

Imaxe da presentación

04/07/2019


A subdelegada do Goberno en Pontevedra subliña que o custe socioeconómico na provincia da violencia de xénero é superior os 740 millóns de euros


Durante esta mañá presentouse na Subdelegación de Goberno o traballo editado Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero sobre o seu impacto económico no noso país. Ao acto, presidido pola subdelegada do goberno en Pontevedra,  Maica  Larriba, acudiron representantes dos Corpos de Seguridade do Estado, das administracións provinciais, o alcalde de Poio, Luciano Sobral e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e asociacións sectoriais de Pontevedra.

 

Maica  Larriba destacou na presentación os datos que temos a día de hoxe sobre a violencia de xénero e as cifras de vítimas que  desgraciamente, aumentan cada día que pasa. Por iso quixo defender unha posición esixente, especialmente “nestes momentos onde se está producindo unha regresión nos avances dos últimos anos”.

Tampouco quixo deixar de pasar esta ocasión para criticar “a propagación desa idea reaccionaria que trata de enmascarar a violencia machista como violencia no seo familiar. Volver a aquel tratamento de fai corenta anos cando as mulleres debían padecer en silencio a tortura física e psicolóxica e ademais, calar por vergoña, só demostra o descaro e a falta de argumentos dos seus  propagadores”.

Maica  Larriba estivo acompañada de María Debén, coordinadora de  Igualdade e Violencia de  Xénero  da Delegación de  Goberno  en  Galícia e   Emmanuela Díaz,  xefa das Unidades de Violencia de  Xénero pertencentes á administración periférica do Estado.

Na súa intervención, Emmanuela Díaz quixo ofrecer os datos máis significativos deste estudo socioeconómico, perfilando a situación actual en canto ao traballo realizado polo sistema  VIOGEN, tanto a nivel nacional e autonómico como provincial. A este respecto, a subdelegada do goberno tamén destacou que “somos a provincia con maior número de denuncias presentadas por mulleres en Galicia. Unha triste clasificación que nos fai lembrar á única vítima mortal deste ano na nosa comunidade, unha morte que tinguiu de loito á localidade de Valga e a todas nós e que supuxo a vítima duodécima das 27 que levamos do que vai de ano”.

Pola súa banda, María  Debén explicou que o estudo “O impacto da violencia de xénero en España: unha valoración dos seus custos en 2016”, elaborado pola Delegación do Goberno en Violencia de Xénero sitúa o custo da violencia machista para a sociedade en ata 8.540 millóns de euros. No apartado de custo intanxible, o estudo conclúe que pode chegar, na estimación menos conservadora, a outros 14.800 millóns de euros. A propia Unión Europea destaca que este custo o 0,8% do Produto Interior Bruto no conxunto dos estados. Con estes  datos tamén quixo engadir que soamente en materia penal, en 2016 había 3.995 reclusos por violencia machista, o que supón un 7,83 por cento do total. Os custos penais por esta materia foron superiores aos 113 millóns de euros.

Finalmente,  Maica  Larriba quixo lembrar o compromiso do actual goberno central para poñer todos os medios que conleven superar este verdadeiro problema de Estado, como é a violencia de xénero. Por iso quixo recalcar que non só estamos a falar de asasinatos senón duns custos económicos que alcanzan os 23.000 millóns de euros en España e os máis de 470 millóns na nosa provincia. Por iso e tal como lembrou a subdelegada “desde o inicio da miña representación do goberno de España en Pontevedra, quixen manterme firme no meu traballo constante para lograr que as mulleres podamos sentirnos seguras na nosa provincia”.