Maica Larriba garante medidas efectivas de seguridade na LII Feira do Cocido en Lalín

Maica  Larriba garante medidas efectivas de seguridade na  LII  Feira  do Cocido en Lalín

13/02/2020


A subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu a Xunta Local de Seguridade en Lalín celebrada esta tarde para garantir a máxima coordinación do dispositivo especial de seguridade durante esta fin de semana


A subdelegada do Goberno en Pontevedra,  Maica Larriba presidiu a Xunta Local de Seguridade de Lalín xunto ao seu alcalde, José Crespo. Nesta ocasión e a pedimento da propia subdelegación de goberno, planificouse o operativo de seguridade e tráfico para a celebración da edición cincuenta e dous da xa internacional  Feira  do Cocido de Lalín. Precisamente,  Maica  Larriba sinalou que “o salto cualitativo desta celebración facía imprescindible un traballo de coordinación entre os corpos e forzas de seguridade que garanta o bo desenvolvemento dos actos festivos e, por tanto, a seguridade dos numerosos visitantes que recibe Lalín nestes días”.

É por iso que quixo lembrar que “a máxima dispoñibilidade dos corpos e forzas de seguridade do Estado queda garantida a partir destas xuntas locais de seguridade que constitúen,non só os órganos de coordinación operativa, senón tamén informativa. Deste xeito facilitanse leitos de canalización que permitan a colaboración dos sectores sociais e institucionais afectados na correcta planificación da seguridade pública, o que redunda, sen dúbida, nun maior achegamento entre a sociedade e as forzas e corpos de seguridade e, consecuentemente, nunha mellor protección por estas do libre exercicio dos dereitos e liberdades públicas recoñecidos constitucionalmente”.

Finalmente,  Larriba aproveitou para coñecer o seguimento que se realiza en canto aos datos sobre os índices de delincuencia que se rexistran na zona. Respecto a  iso, destaca a  estabilidade nos datos desde  hai varios anos,  aínda que se  advirte un  pequeno incremento en 2019 motivado polo aumento dos ciberdelitos en concordancia ao engrosamiento destes valores a nivel provincial como nacional.

Precisamente, a subdelegada  do  goberno  volveu a  lembrar que ”o aumento  deste tipo de delitos tennos que converter en cidadáns especialmente cautos coas novas  transaccións por internet e ou comercio   online”.