Nova repartición de máscaras hixiénicas para os traballadores e traballadoras e colectivos sociais de Pontevedra

Nova repartición de máscaras hixiénicas para os traballadores e traballadoras e colectivos sociais de Pontevedra

17/04/2020

A Subdelegación do Goberno entregou preto de 40.000 máscaras as entidades sectoriais empresarias e diversas entidades sociais


A subdelegación  do  Goberno en Pontevedra continúa  coa distribución provincial de material  hixiénico proporcionado polo  goberno de España. A  principios  desta semana realizouse un reparto directo entre os traballadores e traballadoras por parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado,  e agora nunha segunda fase, produciuse a entrega para entidades empresariais e outrso colectivos sociais.

Durante o día de onte comezou esta segunda  fase que tal como explicou a subdelegada,  Maica  Larriba, “entregáronse ao Consorcio de Zona Franca de Vigo  20.000 unidades para a súa distribución entre os  traballadores e  traballadoras das empresas asentadas nos seus polígonos industriais, entre as que se atopa Citroen.  Do mesmo xeito, entregáronse a ASIME preto  de 11.000 máscaras para os traballadores e traballadoras das súas empresas asociadas e ao grupo ENCE máis de duas mil máscaras””.

Tamén xa se realizaron entregas aos Colexios de Avogados e aos Colexio de Arquitectos, das localidades de Vigo e Pontevedra, para que os seus asociados poidan manter as medidas de seguridade no desenvolvemento das súas obrigacións relacionas coa actividade na asistencia xurídica ou nas obras, respectivamente.

Maica  Larriba explicou que “dende hoxe continúa a distribución do material hixiénico nas entidades dos diferentes colectivos sociais da nosa provincia, proporcionando a entidades tan importantes nestes momentos como as residencias de persoas maiores, aos colectivos de Cruz Vermella e aos membros que seguen traballando no Banco de Alimentos”.

Larriba   manifestou “que desde ou  goberno continúan  as  xestiones para proporcionar todas  as medidas necesarias que  garantan o reinicio dás actividades de  acordo  cos protocolos sanitarios que debemos respectar toda a  poboación”. Desde a subdelegación  do  Goberno prosegue a coordinación  para a repartición entre os colectivos sensibles  na provincia  durante toda a fin de semana.