Continúa a campaña de repartición de máscaras a servizos sociais e asistenciais da provincia de Pontevedra

Continúa a campaña de repartición de máscaras a servizos sociais e asistenciais da provincia de Pontevedra

18/04/2020

Unhas 8.000 máscaras xa se atopan nas diversas residencias de persoas maiores da provincia dentro da fase de distribución do material hixiénico despregada durante toda a semana


Dentro do traballo de distribución coordinado pola subdelegada do Goberno en Pontevedra,  Maica  Larriba, levouse a cabo a entrega de diferentes lotes de máscaras a entidades sociais e asistenciais da nosa provincia.

De acordo ás necesidades comunicadas á propia administración, durante o día de onte xa se fixo entrega de 3.500 máscaras á Asemblea Provincial de Cruz Vermella para uso dos seus traballadores e voluntarios que levan a cabo traballos asistenciais e que necesitan  realizar desprazamentos esenciais para realizar o seu labor humanitario.

Por outra banda e tal como xa anunciou  Maica  Larriba, desde a tarde de onte estanse distribuíndo máscaras hixiénicas entre as diferentes residencias de persoas maiores situadas na provincia. En concreto xa foron entregadas un total de 8.000 unidades para uso dos traballadores nos seus traslados ate os centros de traballo.

Con estas novas entregas complétase a segunda fase do protocolo de subministracións de material individual para o mantemento das normas hixiénicas que debemos manter nos nosos desprazamentos e nos casos nos que non podamos manter a distancia de seguridade esixible e evitar  contaxios.

Maica  Larriba continúa mantendo a coordinación cos diferentes colectivos provinciais para chegar ás necesidades que se poidan ir producindo. Esta segunda fase foi valorada como moi positiva pola subdelegada do Goberno en Pontevedra xa que permite que os traballadores e traballadoras da provincia podan dispor das máscaras nos seus lugares de traballo e as poidan usar para os seus desprazamentos de xeito que todos podan contar con elas tras os repartos individuais que se fixeron nos primeiros días da semán polos membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado.