Concello e Subdelegación do Goberno ratifican a incorporación da Policía Local da Coruña ao sistema Viogen de loita contra a violencia machista

Concello e Subdelegación do Goberno ratifican a incorporación da Policía Local da Coruña ao sistema Viogen de loita contra a violencia machista

17/06/2020

A Xunta Local de Seguridade aproba o protocolo de convenio que asinará o Concello co Ministerio do Interior para facer efectiva a súa integración no operativo Viogen

As medidas adoptadas inclúen tamén a potenciación da Mesa Local de Coordinación contra a violencia de xénero

Os índices delituosos no concello diminuíron nestos primeiros cinco meses de ano entre o 12 e o 27 por cento como consecuencia do período de confinamento


O Concello da Coruña e a Subdelegación do Goberno da Coruña ratificaron a incorporación da Policía Local deste municipio ao sistema Viogen de loita contra a violencia de xénero, segundo acordou a Xunta Local de Seguridade reunida baixo a presidencia da alcaldesa Inés Rey e a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo.

A Xunta Local de Seguridade tivo unha intensa orde do día, especialmente en materia de loita contra a violencia machista. De feito aprobou o protocolo de convenio que será asinado polo Concello co Ministerio de Interior para regular a presencia da Policía Local no sistema Viogen. Este protocolo será remitido ao Ministerio para a súa validación previa á sinatura e facer efectiva a participación da cidade da Coruña neste operativo.

O sistema Viogen permitirá á Policía Local dispoñer de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista, de tal maneira que os propios policías locais pasan a asumir o seguimento e control dalgúns destes casos, xeralmente daqueles que sexan considerados de nivel de risco baixo, mentres que a Policía Nacional encárgase do seguimento dos casos máis graves.

Este protocolo establécese trala creación o ano pasado da Mesa Local de Coordinación Policial na que están presentes a Policía Local e a Policía Nacional, ademáis da Policía Nacional Adscrita, e que ten como finalidade principal aunar esforzos na loita contra a violencia machista.

Pilar López-Rioboo trasladou á alcaldesa o seu agradecemento polo esforzo realizado no desenvolvemento das políticas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero, tal como se evidencia nas medidas adoptadas e que culminarán coa incorporación da Policía Local ao sistema Viogen.

Por iso, destacou a lealtade institucional, receptividade e colaboración do Concello e da súa alcaldesa nesta loita, que permitirá incrementar a coordinación e a propia loita contra a violencia machista xa que “posibilitará conseguir un mellor aproveitamento de tódolos recursos dispoñibles para previr este tipo de violencia a nivel local”.

Por outra parte, os representantes das Forzas de Seguridade do Estado informaron da evolución estatística relativa á seguridade cidadá no municipio. Dadas as circunstancias especiais derivadas da crise sanitaria do COVID-19, nos primeiros cinco meses deste ano houbo una reducción do 12% nos delictos graves e do 27% dos delictos leves, se ben estas porcentaxes só poden ser consideradas dentro do excepcional estado de confinamento existentes nas últimas semanas.

A subdelegada do Goberno trasladou aos representantes das forzas e corpos de seguridade presentes na reunión o seu agradecemento polo traballo e polo esforzo desenvolvido nestes meses, incidindo na importancia de manter a excelente coordinación existente entre todas as forzas. Esta coordinación terá continuidade nos dispositivos especiais preparados para a celebración do San Xoán, as eleccións autonómicas e as festas de verán