Maica Larriba presenta o balance da operación verán da DXT en Pontevedra

Maica Larriba presenta o balance da operación verán da DXT en Pontevedra

08/09/2020

A subdelegada do goberno lamenta as 8 vítimas que perderon a vida nas estradas da provincia durante xullo e agosto.

A subdelegada de  Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presentou esta mañá o balance da operación verán de Tráfico acompañada pola directora provincial da DXT, Paula Yubero, e o capitán da Garda Civil xefe do subsector de tráfico da provincia, Antonio Pérez, nun encontro cos medios de comunicación que realizouse de xeito telemático.

Tal e como se deriva do Balance de Seguridade Vial da DXT, desde o 1 de xullo ao 31 de agosto, perderon a vida nas estradas da provincia 8 persoas, 6 en xullo e 2 en agosto. Larriba lamentou que esta cifra supón “cinco vítimas mortais mais que no mesmo período do ano pasado”. A subdelegada do goberno amosou a súa preocupación por estes datos xa que “este foi un mal verán. Regresamos ao número de vítimas mortais de 2018 tras o descenso que se rexistrara o ano pasado”. “En Pontevedra rexistráronse o 50 % dos falecementos en carreteira producidos en toda Galicia”, advertiu Larriba.

A metade das vítimas mortais da provincia eran usuarios vulnerables

A subdelegada informou de que “os oito falecementos producíronse en vías convencionais. Por titularidade das vías podemos afirmar que 5 foron en carreteiras autonómicas; 2 en camiños veciñais e 1 en vías provinciais”. Tal e como sucedeu no ano anterior, as autovías e autopistas non rexistraron ningún accidente con vítimas mortais. Larriba informou tamén de que “o 50 % dos accidentes con falecementos producíronse por colisións frontais e o 25 % en saídas de vía”.

Así mesmo, a subdelegada quixo destacar “o peso dos usuarios vulnerables. O 50 % das vítimas mortais eran peóns e usuarios de ciclomotores e motocicletas. En particular, faleceron nas estradas da provincia un peón; un condutor de ciclomotor; e dous condutores de motos.”

Por último,  en no que respecta ao análise dos datos dous dous meses de verán Larriba advertiu que “o maior número de accidentes mortais rexistrouse na franxa horaria das 14 h ás 19:59 h. O 75 % dos falecementos acontecidos na provincia producíronse durante estas horas”. A subdelegada tamén destacou que “no 25 % dos accidentes hai un factor concorrente que é a velocidade inadecuada e no 12,5 % prodúcense distraccións, unha condución neglixente ou temeraria”.

Cifras positivas no que vai de ano debido ao Estado de Alarma

Non obstante, a subdelegada tamén quixo facer un balance do vai de ano en canto a siniestrabilidade de tráfico na provincia. Así subliñou que “se ampliamos os datos ao que vai de ano, temos que destacar que o efecto do Estado de Alarma supuxo un descenso moi considerable do número de accidentes e de falecidos”, adiantou Larriba. “Así, cos datos entre o 1 de xaneiro e o 3 de setembro, o número de falecidos nas estradas provinciais descendeu un 32 %. Mentres no 2019 rexistramos 18 falecementos, ata o 3 de setembro deste ano producíronse 14 mortes”.

Segundo os datos facilitados pola DXT, desde o 1 de xaneiro e ata que se decretou o Estado de Alarma e o confinamento o número de falecementos reduciuse nun 50 %. Larriba confirmou que durante o período de confinamento, “é dicir, do 15 de marzo ao 20 de xuño, as vítimas mortais nas estradas de Pontevedra reducíronse nun 83 %. Pasamos de 11 vítimas en 2019 a só 3 neste ano”. Sen embargo, advertiu de que “os datos disparáronse unha vez que rematou o confinamento e se restableceu de novo a mobilidade das persoas. As vítimas mortais creceron nun 300 % dende o período que vai do 21 de xuño ao 3 de setembro, pasando de 3 vítimas no 2019 a 9 no 2020”.

En relación aos accidentes con vítimas, entre o 1 de xaneiro e o 3 de setembro, os accidentes con vítimas (feridos leves e graves)  reducíronse nun 25 % en relación ao mesmo período do ano anterior. “Para a estatística anual, o 2020 está a ser un bo ano nas estradas provinciais aínda que falla o último cuatrimestre do ano co cal non podemos ser triunfalistas”, asegurou Larriba. “Xa que se durante o período de confinamento os accidentes con vítimas mortais reducíronse nun 74 % con respecto ao ano anterior, desde o momento no que se retomou a actividade a accidentabilidade incrementouse nun 2,4 %”, advertiu a subdelegada.