Subdelegación do Goberno, Concello e Demarcación de Estradas avanzan en proxectos de mellora da seguridade viaria en Arzúa

Subdelegación do Goberno, Concello e Demarcación de Estradas avanzan en proxectos de mellora da seguridade viaria en Arzúa

20/11/2020

Pilar López-Rioboo preside unha reunión co alcalde e co xefe da Demarcación de Estradas de Galicia


A subdelegada do Goberno da Coruña, Pilar López-Rioboo; analizou hoxe co alcalde de Arzúa, José Luis García López; e o xefe da Demarcación de Estradas de Galicia, Ángel González del Río; diversas iniciativas para mellorar a seguridade viaria no Concello de Arzúa.

Na reunión, desenvolta na Subdelegación do Goberno na Coruña, tamén estiveron presentes a concelleira de Obras, Servizos e Turismo, Begoña Balado; e a directora territorial da área de Fomento da Delegación do Goberno de Galicia, Ana Quintairos; además de técnicos da Demarcación de Estradas de Galicia. O encontro foi continuación do mantido fai un mes no propio Concello de Arzúa polo alcalde e a concelleira coa subdelegada do Goberno.

Os responsables municipais trasladaron a necesidade de acometer diversas melloras para reforzar a seguridade viaria no Concello, tendo en conta ademáis que os traballos de construcción da A-54 están a provocar un incremento de vehículos de transporte pesado polo núcleo urbano.

Entre as cuestións que se analizaron figuran o incremento e reforzo da sinalización e iluminación dos pasos de peóns, de maneira especial en algúns dos cruces coa estrada N-547. A presenza de camións e de peóns, tendo en conta ademáis o paso do Camiño de Santiago polo municipio, son motivo de preocupación para o Concello, que pretende reducir a peligrosidade neses puntos.

Tamén se abordou a necesidade de renovar o firme da estrada, deteriorado a causa de tráfico de vehículos de gran tonelaxe.

Na reunión valoraronse outras posibles actuacións, como a semaforización dalgunha das interseccións viarias, nun proxecto que en todo caso quedará supeditado ao estudo que fará a Demarcación de Estradas.

En todo caso, o organismo dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana comprometeuse a acometer aquelas melloras na N-547 a o seu paso polo concello que poidan garantir unha maior seguridade aos peóns.