A subdelegada do Goberno resalta que a limitación a 30 km/h da velocidade nas cidades permitirá reducir a accidentalidade ata un 40 por cento

11/05/2021

Hoxe entra en vigor a reforma legal que limita a velocidade a 30 km/h nas rúas dun único carril por sentido

Pilar López-Rioboo destaca que o risco de falecer nun accidente a 50 km/h é do 90 por cento e que a 30 km/h redúcese ao 10 por cento

A xefa de Tráfico advertiu que entre o 60 e o 75% dos falecidos en vías urbanas en Galicia nos últimos anos se produciron en atropelos

Amósanse convencidos de que é un avance máis para desfrutar das cidades


A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, resaltou hoxe as vantaxes da entrada en vigor da reforma legal que limita a velocidade nas rúas cun único carril por sentido xa que está comprobado ca reducción de 50 km/h a 30 km/h permite rebaixar a accidentalidade nas cidades ata un 40 por cento.

Asi o indicou nun acto desenvolvido en Santiago co gallo da entrada en vigor da nova normativa e no que tamén participaron o concelleiro de Tráfico de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños Sánchez; e a xefa provincial da Dirección Xeral de Tráfico na Coruña, Victoria Gómez Dobarro.

Pilar López-Rioboo recordou que a medida foi plantexada e demandada pola Federación Española de Municipios e Provincias, ademáis de polas grandes ciudades, como Madrid, Barcelona ou Bilbao, e conta tamén co beneplácito e impulso tanto da Unión Europea coma da Organización Mundial da Saúde.

A subdelegada subliñou algunhas das vantaxes que aporta a medida, xa que o risco de falecer nun accidente a 50 km/h estatísticamente é do 90 por cento mentras que se reduce ao 10 por cento coa limitación a 30 km/h. Ademáis, a distancia necesaria para deter un vehículo redúcese tamén a metade. De feito, entre o 60 e o 75% dos falecidos en accidentes de tráfico en vías urbanas en Galicia nos últimos anos o foron por atropelos, indicou a xefa provincial de Tráfico, Victoria Gómez.

Outro dos beneficios da medida é  que existe un comportamento máis seguro do conductor hacia os peóns, porque ademáis de ter nenos e nenas, pais e nais máis seguras tamén teremos maiores máis seguros e tranquilos xa que o 71 por cento dos peóns falecidos en cidades teñen 65 ou máis anos.

Neste sentido, a subdelegada do Goberno recordou que o obxectivo é reducir a accidentalidade viaria, sobre todo a que afecta aos colectivos máis vulnerables; garantir a fluidez dos desprazamentos realizados nas grandes avenidas da cidade, e reducir o impacto negativo da circulación de vehículos na calidade do aire das cidades. Todos coincidiron en sinalar que esta reducción é un avance máis para desfrutar das cidades.

Trátase polo tanto de favorecer unha convivencia segura entre peóns, bicis, motos e vehículos de catro rodas e dunha medida que estimula o uso de medios alternativos ao coche privado, ao conquerir cidades máis humanas, máis seguras, activas e saudables, con máis atractivo para pasear ou ir en bici 

López-Rioboo recordou tamén que xa hai ciudades que implantaron esta medida polo que se fai necesario formalizar as normas que a regulen e facela desta maneira extensiva a outros municipios.