José Miñones certifica a posición estratéxica de Navantia Fene no presente e no futuro da eólica marina offshore do mundo

25/05/2021

José Miñones comproba os avances tecnolóxicos que está executando Navantia en Fene dentro do Plano Estratéxico da SEPI

O delegado do Goberno reivindica o potencial da eólica marina no camiño da economía española e galega cara a descarbonización e a transición ecolóxica

Lembra que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia remitido a Bruxelas inclúe a eólica mariña e das súas tecnoloxías como un dos compoñentes da política panca de transición xusta


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, comprobou hoxe a aposta que está a efectuar a empresa Navantia nas súas instalacións de Fene para consolidar o papel estratéxico desta compañía na industria da eólica mariña offshore. Esta aposta forma parte do Plano Estratéxico da SEPI para Navantia e posibilitará que as instalacións de Fene sigan ocupando un lugar preeminente na construcción de insfraestructuras para esta enerxía renovable a nivel mundial.

José Miñones coñeceu o estado de execución do contrato asinado pola alianza Navantia-Windar con Iberdrola para a dotación das 62 jackets que formarán parte do Parque Eólico que instalará a empresa enerxética española no litoral da Bretaña francesa. Este contrato, o maior obtido pola alianza Navantia-Windar na súa traxectoria, ascende a 350 millóns de euros e garante a plena ocupación das instalacións de Fene.

O delegado estivo acompañado polo responsable de Navantia do asteleiro de Fene, Manuel Bermúdez de Castro; o director xeral de Windar Renovables, Justo Acedo, e o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva.

Na súa visita, José Miñones lembrou que a transición enerxética constitúe unha das pancas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. O obxectivo é camiñar cara a descarbonización e para iso é fundamental traballar para crear un marco normativo claro, predecible e estable que estimule o investimento privado no despregue das enerxías renovables. Nesta liña, lembrou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica está elaborando una folla de ruta cara o seu desenvolvemento e que a eólica mariña está incluída nun dos compoñentes da política panca de Transición Xusta do Plan de Recuperación, que xa remitiu o Goberno español para a súa aprobación en Bruxelas.