José Miñones destaca que os datos das Forzas e Corpos de Seguridade confirman a situación de normalidade en Galicia tras a fin do estado de alarma e das restriccións asociadas

01/06/2021

O delegado considera que a normativa vixente, o comportamento cívico da cidadanía e o avance do proceso de vacinación permiten avanzar con paso firme hacia a fin da pandemia

O Executivo continuará coa súa campaña de control dos grupos de idade con menor taxa de vacinación e no apoio á turismo

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado efectuaron nas últimas tres semanas 6.044 dispositivos de control en Galicia

O delegado insiste en que policías nacionais e gardas civís seguirán coas tarefas de vixilancia e de sensibilización en estreita colaboración coas autoridades sanitarias


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou que os datos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado confirman a situación de normalidade tras a fin do estado de alarma o pasado 9 de maio, que se traduciu nunha situación de tranquilidade en vilas e cidades, tanto en días laborables como festivos. Expresouse así tras a reunión de coordinación con Garda Civil, Policía Nacional e Protección Civil.

Tras tres semanas sen estado de alarma, José Miñones valorou o comportamento cívico e responsable da sociedade galega que permite avanzar con paso firme na saída da pandemia, xunto co resto de medidas vixentes e o avance no proceso de vacinación. Neste camiño, ve fundamental que os galegos e as galegas continúen respectando as medidas de autoprotección sanitarias como o uso da máscara e o resto de prescripcións que determinen as autoridades sanitarias: “Un último esforzo hacia a normalidade”, apuntou.

Xunto á responsabilidade individual, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado darán continuidade ás actuais campañas de información e supervisión das restricións vinculadas á COVID-19. Como se determinou na última reunión de seguridade, Policía Nacional e Garda Civil insistirán no control das áreas con maiores restriccións pola incidencia da COVID-19; o seguimento dos grupos de idade con menor taxa de vacinación e no apoio á hostalería e ao turismo en xeral. Respecto a estas tarefas, o delegado do Goberno lembrou que se efectúan en “estreita colaboración coas autoridades sanitarias e de acordo coas súas peticións”.

José Miñones fixo balance das primeiras tres semanas de controis tras a fin do Estado de Alarma. Así, indicou que entre o 10 e o 30 de maio Policía Nacional e Garda Civil efectuaron en Galicia 6.044 dispositivos de control sanitario. Neles identificáronse a 45.158 persoas e 30.405 vehículos. Como resultado destas tarefas eleváronse ás administracións competentes 1.001 propostas de sanción. Nestas tres semanas, ademais, rexistráronse tres detencións. O delegado apuntou que a relación entre dispositivos efectuados, persoas identificadas e sancións impostas neste periodo é similar á rexistrada nas tres semanas anteriores á fin do estado de alarma, polo que non se aprecia un maior incumprimento da normativa.

Na reunión de seguridade, celebrada na sede da Delegación do Goberno en A Coruña, participaron tamén: o xeneral da 15 Zona da Garda Civil, Luis Francisco Rodríguez; a responsable accidental da Policía Nacional en Galicia e comisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma; a xefa de Protección Civil da Delegación do Goberno, Dolores Gómez; o secretario xeral da Delegación, Alberto de la Fuente; e a xefa de Gabinete do delegado do Goberno, María Rivas.