José Miñones destaca o apoio do Goberno aos autónomos e autónomas de Galicia afectados pola pandemia da COVID con achegas directas e indirectas que superan os 623 M€ ata xullo

21/08/2021

As prestacións entre xaneiro e xullo suman 389,3 millóns de euros aos que hai que engadir os 234,5 millóns dispoñibles para achegas directas ao colectivo

Cerca de 27.000 autónomos e autónomas de Galicia se benefician da extensión temporal das prestacións acordadas coas asociacións do sector


O delegado do Goberno reterou hoxe o compromiso público cos autónomos e autónomas de Galicia, con compromisos que alcanzaron ata xullo deste ano os 623,8 millóns de euros, segundo os datos recollidos no informe de rendición de contas do Goberno “Cumprindo”.

José Miñones repasou as principais cifras que resultan do esforzo do Executivo para con este colectivo, e que se enmarcan en dous grandes conxuntos de medidas, de tipo directo (axudas directas) e indirectas (prestacións extraordinarias). “Unha tarefa –lembrou o delegado- na que priorizamos o diálogo permanente coas asociacións máis representativas do sector” tal e como se fixo co acordo de ampliación de medidas de protección. Así, grazas a este acordo, “26.944 galegos e galegos autónomas que, polo efecto da pandemia non son quen de desenvolver a súa actividade con normalidade, podan seguir accedendo a unhas prestacións extraordinarias”, apuntou.

O delegado do Goberno indicou que durante os primeros sete meses do ano, o Goberno destinou 389,3 millóns de euros ao abono de prestacións a autónomos e autónomas en Galicia. Estas prestacións aos traballadores e traballadoras por conta propia poden ser compatibles coa actividade ou ben cubrir a suspensión da mesma ademáis de exonerar do pago de cotas á Seguridade Social en distintas porcentaxes ao longo do tempo: “Unha exoneración que reduce significativamente o impacto dos costes laborais na reanudación da actividade”, apuntou o delegado.

José Miñones lembrou que o obxetivo do escudo social do Goberno é non deixar a ninguén atrás e, por iso, o capítulo de apoio a traballadores e empresas inclúe unha parte de axudas directas, que complementan as prestacións indirectas. O compromiso do Goberno con Galicia tradúcese neste epígrafe nun fondo dotado con 234,5 millóns de euros en axudas para empresas e traballadores e traballadoras por conta propia. O obxectivo deste fondo, explicou o delegado, é reactivar e apoiar a solvencia do colectivo, ademáis de manter a actividade e o emprego.