José Miñones informa da concesión á Xunta de Galicia de preto de 500.000 euros procedentes do narcotráfico para a prevención e atención a drogodependentes

13/11/2021

Destaca que este reparto devolve a sociedade galega parte do enorme dano que causa o narcotráfico

Financiarán diversos programas relacionados coa atención xurídico-social a drogodependentes, prevención do en situacións de emerxencia social, seguimento de dependentes excarcerados e prevención do suicidio, entre outros

As Forzas de Seguridade confiscaron 52 bens a narcotraficantes en Galicia durante o ano pasado entre os que había 5 vehículos

O delegado detalla que en 2020 se venderon 27 inmobles en Pontevedra que aportaron 2 millóns de euros á loita contra o narcotráfico


A Delegación do Goberno en Galicia informa da concesión á Xunta de Galicia de 498.500 euros dos fondos procedentes do comisos de narcotráfico para programas relacionados coa prevención do consumo de drogas e atención a drogodependentes. O reparto acordouse nun convenio asinado hai dúas semanas entre a Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas (Ministerio de Sanidade) e a Xunta de Galicia en materia de drogodependencias e con cargo a este fondo.

José Miñones destacou a relevancia deste programa, que trata de devolver á sociedade parte dos enormes danos que causa o narcotráfico en Galicia. Informou que as Forzas de Seguridade confiscaron 52 bens a narcotraficantes en Galicia durante o ano pasado dos que 31 foron na provincia de Pontevedra.  E detallou que a maioría consistiron en obxectos de diverso tipo (informático, ferramentas, etc...) e 5 vehículos.

O delegado tamén destacou que no ano 2020 o Goberno vendeu 27 propiedades inmobles, todas na provincia de Pontevedra, por un valor de 2 millóns de euros: “que se empregarán tamén para a loita contra a dustribución, venta e consumo de drogas e en atención a drogodependentes”.

Máis dun millón de euros en 2021

O Plan Nacional sobre Drogas é o organismo encargado de impulsar accións encamiñadas a abordar os problemas derivados do tráfico e consumo de drogas, así como doutras adiccións ao obxecto de reducir a incidencia dos mesmos na sociedade e en relación con outros trastornos adictivos.

A colaboración coas Comunidades Autónomas e co resto de Administracións é un dos piares da súa actividade. Un dos aspectos desta colaboración é a transferencia de fondos ás autonomías para o desenvolvemento de programas. No caso de Galicia, no conxunto deste ano o Goberno transferiu á Xunta de Galicia 1.075.947 euros para programas relacionados co consumo de drogas. Estas cantidades distribúense en dúas liñas:

-        Con cargo aos orzamentos xerais. Neste concepto a Xunta recibiu este ano 577.447,78 euros.

-       Coa distribución de  créditos  do  Fondo de bens comisados  por tráfico ilícito  de drogao. É o convenio asinado hai dúas semanas. Este importe financiará diversos programas relacionados atención a drogodependentes en situación de emerxencia social; seguimento e atención de persoas en tratamento unha vez excarceradas (Programa  ITINERE); programas de atención xurídica-social e prevención de suicidio en pacientes con adiccións, entre outros.

Bens comisados por delitos de narcotráfico

O Fondo de Bens Comisados, regulado pola Lei 17/2003, do 29 de maio, está integrado polos bens, efectos e instrumentos comisados por sentenza firme en procesos por narcotráfico e outros delitos relacionados.

O produto destes bens está destinado a intensificar as actuacións de prevención, investigación, persecución e represión estes delitos, prevención de  toxicomanías, asistencia e inserción social e laboral de drogodependentes e cooperación internacional na materia. Son beneficiaron do mesmo o Goberno, autonomías, concellos e entidades sociais e asistenciais.