O delegado do Goberno, Pedro Branco, reivindicou a aposta cultural do Goberno en Galicia desde o Consello da Cultura Galega

O delegado do Goberno, Pedro Branco, reivindicou a aposta cultural do Goberno en Galicia desde o Consello da Cultura Galega

26/03/2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, mantivo este martes unha reunión de traballo coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, acompañada do resto do equipo directivo, con quen reafirmou a boa sintonía e total colaboración entre as dúas administracións. No encontro, o delegado reivindicou a aposta cultural do Goberno como ferramenta para o desenvolvemento e a cohesión territorial de Galicia.