Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
O Ministerio de Fomento ultima os traballos de mellora do firme da N-634 en Abadín
25/02/2019
A subdelegada do Goberno en Lugo, en visita ás obras, remarca “o compromiso do Goberno coa provincia de Lugo, que queda patente co esforzo que está a facer Fomento para garantir o bo estado da rede estatal de estradas, logo de anos de abandono”
O Goberno xa dedicou 21,1 millóns de euros á conservación da rede estatal de estradas na provincia e incluiu outros 26 millóns no proxecto dos PXE
Fomento realiza obras de posta a punto do firme na N-634, a N-VI, a N-540 e a N-120 cun presuposto de 2,22 millóns de euros
A actual fase das obras de emerxencia na N-634 benefician aos concellos de Abadín, Vilalba, Lourenzá e Barreiros
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, efectuou unha visita, en Abadín, ás obras que está a levar a cabo o ministerio de Fomento para a mellora do firme na N-634. Estas obras inclúense dentro do plan de choque de acondicionamento da rede de estradas do Estado na provincia de Lugo.
Isabel Rodríguez remarcou “o compromiso do Goberno coa provincia de Lugo, que queda patente co esforzo que está a facer Fomento para garantir o bo estado da rede estatal de estradas, logo de anos de abandono”. Tamén destacou que con estas obras de mellora do firme “aseguramos a conservación das principais vías de comunicación da provincia, pero ademais contribuímos a mellorar a seguridade vial, que é o noso principal obxectivo”.
A subdelegada inspeccionou os traballos de mellora do firme que nesta fase se están a ultimar hoxe no municipio de Abadín. Esta actuación inclúese no plan de posta a punto do firme na N-634, a N-VI, a N-540 e a N-120 e conta con un presuposto total de 2,22 millóns de euros. A actual fase das obras de emerxencia na N-634 afectan aos concellos de Abadín, Vilalba, Lourenzá e Barreiros.
Fomento xa leva investidos en obras de conservación nas estradas da provincia máis de 21,1 millóns de euros e contaba con unha partida de 26 millóns de euros para o mesmo fin no proxecto dos Presupostos Xerais do Estado para este ano.