Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Maica Larriba destaca a normativa contra os falsos autónomos impulsada polo actual Goberno
27/09/2019
A subdelegada do Goberno en Pontevedra participa na clausura da segunda edición das Xornadas Laboralistas organizadas polo Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, participou no acto de clausura da segunda edición das Xornadas Laboralistas organizadas polo Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra na que se contou con importantes representantes do ámbito laboral para reflexionar en temáticas tan actuais como a revisión xurisprudencial dos falsos autónomos ou os retos e o futuro dos graduados sociais e a súa responsabilidade social corporativa.
Precisamente a problemática real dos falsos autónomos foi o tema destacado por Maica Larriba na súa participación clausural, incidindo en que ”as novas plataformas tecnolóxicas, mal chamadas de traballo colectivo, serviron para engadir un novo sistema de contratación de falsos autónomos que se sumaron a prácticas que xa desenvolvían outro tipo de empresas”.
Larriba baseou a súa reflexión en datos importantes como que “no noso país hai 3,2 millóns de cotizantes no réxime especial de autónomos e, en concreto, a provincia de Pontevedra conta con máis de 67.000 profesionais, e esperan melloras lexislativas que permitan seguir o camiño con novas reformas para avanzar en dereitos e con maiores cotizacións ao sistema da Seguridade Social”. Tal como recalcou a Subdelegada do Goberno “precisamente as reformas aplicadas na actualidade e as campañas de detección das malas prácticas, permitiron que nos primeiros oitos meses deste ano, 32000 falsos autónomos fosen reconvertidos en traballadores por conta allea”.
Larriba quixo agradecer a invitación do Colexio Profesional de Graduados Sociais para asistir estas importantes xornadas e expresoulles o desexo de continuidade para próximos anos.