Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Enero > Javier Losada supervisa coas Forzas de Seguridade o cumprimento das medidas de restricción derivadas do estado de alarma en Galicia
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Javier Losada supervisa coas Forzas de Seguridade o cumprimento das medidas de restricción derivadas do estado de alarma en Galicia
11/01/2021
O delegado agradeceu a responsabilidade que está amosando a cidadanía galega respecto ás medidas dictadas pola autoridade sanitaria
Insiste na necesidade de non baixar a garda ante a evolución da pandemia
Nesta semana as subdelegacións do Goberno están celebrando reunións homólogas para concretar sobre o territorio as medidas e dispositivos de control precisos
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiu hoxe a reunión do Centro de Coordinación (CECOR) Autonómico establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria e ao estado de alarma.
O CECOR está integrado, ademáis de polo delegado do Goberno, polo xeneral da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez; o xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro; o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal; a responsable de Protección Civil na Delegación do Goberno en Galicia, María Dolores Gómez; o secretario xeral da Delegación do Goberno, Alberto de la Fuente; e a xefa do gabinete técnico do delegado, María Rivas.
Na reunión de hoxe avaliáronse as últimas medidas ditadas pola autoridade sanitaria competente relativas a peches perimetrais e outras limitacións que permite modular o decreto do estado de alarma.
Javier Losada volveu a agradecer o alto grao de cumprimento e a responsabilidade amosada polas galegas e os galegos que se manifestou na ausencia de incidentes reseñables nos primeiros días do ano. Neste sentido, insistiu no chamamento a manter as medidas de autoprotección sen baixar a garda ante a evolución da pandemia na Comunidade e lembrou que as Forzas de Seguridade traballan para garantir o cumprimento das restricións impostas pola Xunta.
En paralelo a esta reunión, as subdelegacións do Goberno reúnen nestes días aos Centros de Coordinación provinciais onde se determinan dispositivos e medidas de control sobre o territorio de acordo coas necesidades e restriccións de cada provincia galega.