Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Septiembre > Emilio González salienta o deporte inclusivo como elemento fundamental para a integración social das persoas con discapacidade
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Emilio González salienta o deporte inclusivo como elemento fundamental para a integración social das persoas con discapacidade
30/09/2021
O subdelegado do Goberno en Ourense destaca o impulso ao programa “Deporte Inclusivo” por parte do Goberno de España, a través do Consello Superior de Deportes
Emilio González resalta a importancia de que as institucións e a cidadanía traballen conxuntamente para avanzar na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, asistiu hoxe á inauguración das IX Marchas Ciclistas Unificadas de Special Olympics Galicia no concello de Baños de Molgas, evento que une deporte e inclusión social.
Durante o acto, o subdelegado do Goberno destacou o papel do deporte inclusivo como elemento fundamental para a integración social das persoas con discapacidade. Neste sentido, resaltou o impulso ao programa “Deporte Inclusivo” por parte do Goberno de España, a través do Consello Superior de Deportes, que persegue a promoción da actividade física e deportiva en contornas inclusivas; a formación especializada de profesores e técnicos deportivos no deporte inclusivo; e garantir o acceso e o uso das instalacións e do material específico como elemento fundamental da igualdade de oportunidades.
Emilio González resaltou a importancia de que as institucións e a cidadanía traballen conxuntamente para avanzar na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Ademais, indicou que “eventos como esta marcha son unha oportunidade excepcional para concienciar á poboación da importancia da inclusión de todas as persoas na sociedade”.
Os participantes nestas IX Marchas Ciclistas Unificadas percorrerán ata o domingo os concellos de Baños de Molgas (Ourense), Guitiriz (Lugo), Santiago de Compostela (A Coruña) e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).