Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2021 > Marzo > Isabel Rodríguez anuncia que as forzas de seguridade van priorizar na ponte de San Xosé o cumprimento das restricións referidas á hostalaría e ao peche de Galicia
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
Isabel Rodríguez anuncia que as forzas de seguridade van priorizar na ponte de San Xosé o cumprimento das restricións referidas á hostalaría e ao peche de Galicia
17/03/2021
Na última semana, a Policía Nacional e a Garda Civil realizaron na provincia 799 controis, 881 inspeccións en locais de hostalaría e formularon 231 propostas de sanción
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a reunión semanal do Centro de Coordinación Operativo da provincia (CECOR) na que se tratou o dispositivo de seguridade encargado de velar polo cumprimento da normativa da Xunta para frear a pandemia da COVID-19. A xuntanza celebrouse a última hora da mañá, por vía telemática, e participaron nela mandos da Garda Civil, a Policía Nacional, a Policía Autonómica e a Policía Local de Lugo; ademais de representantes da Subdelegación do Goberno e da Xunta de Galicia.
Isabel Rodríguez explicou que na reunión de este mércores, ademais de avaliar o traballo realizado na última semana polo dispositivo de seguridade da provincia para dar cumprimento ás normas da Xunta, tamén se decidiu facer especial fincapé na comprobación das restricións na hostalaría e no peche perimetral da Comunidade Autónoma. No dispositivo traballan coordinadamente Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e Policía Autonómica.
A subdelegada informou de que durante a última semana a Policía Nacional e a Garda Civil realizaron na provincia 881 inspeccións a establecementos de hostalaría. Ademais, as forzas de seguridade do Estado efectuaron 799 controis que contaron coa participación de 1.291 axentes. En total durante estes días a Policía Nacional e a Garda Civil identificaron 8.918 persoas, controlaron 7.675 vehículos e formularon 231 propostas de sanción.
A subdelegada manifestou que todas as forzas e corpos de seguridade traballan coordinadamente e están facendo un gran esforzo para velar polo cumprimento das medidas sanitarias co que axudan a protexer a saúde dos lucenses freando a expansión da pandemia na provincia de Lugo.