Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2021 > Julio > José Miñones avanza a intensificación dos controis da Policía Nacional e a Garda Civil sobre as restricións da Xunta vinculadas á COVID-19
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
José Miñones avanza a intensificación dos controis da Policía Nacional e a Garda Civil sobre as restricións da Xunta vinculadas á COVID-19
09/07/2021
O delegado pide á Xunta que incorpore á Delegación e á FEGAMP nos órganos de consulta e toma de decisión antes de aprobar restricións que afectan a operativos policiais
José Miñones e o presidente da FEGAMP, Alberto Varela, traballan na boa coordinación entre Policía Nacional e Garda Civil coas policías locais, tamén con patrullas mixtas
O delegado fai un chamamento á prudencia e á responsabilidade para facer uso do ocio de forma segura
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, avanza a intensificación dos controis da Policía Nacional e a Garda Civil sobre as restricións impostas pola Xunta vinculadas á COVID-19. Expresouse así con motivo dunha xuntanza de coordinación policial cos responsables das distintas áreas.
José Miñones explicou que a reunión de hoxe busca “coordinar de cara á fin de semana” a maneira de abordar as “novas restricións que estableceu a Xunta”. Nese senso, fixo un chamamento ás personas non vacinadas “a ter responsabilidade á hora de saír á rúa” e a “facer uso do ocio nocturno de forma segura”.
O delegado pide á Xunta que incorpore á Delegación e á FEGAMP nos órganos de consulta e toma de decisión antes de aprobar restricións que afectan a operativos policiais. Tamén demanda información da Policía Autonómica para facilitar a coordinación entre dispositivos.
José Miñones e o presidente da FEGAMP, Alberto Varela, constataron a boa coordinación entre Policía Nacional e Garda Civil coas policías locais, tamén con patrullas mixtas.
Na xuntanza participaron o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela; as catro persoas titulares das subdelegacións provinciais do Goberno, María Rivas, Isabel Rodríguez, Emilio González e Maica Larriba; o xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro; o xeneral da 15 Zona da Garda Civil, Luis Francisco Rodríguez; e o secretario xeneral da Delegación, Alberto de la Fuente.