Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
A Garda Civil fai unha demostración de medios aos alumnos do Campus do Rácing Club Villalbés
03/07/2019
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, asistiron á exhibición na que tamén participaron Bombeiros e Cruz Vermella
No primeiro acto que comparten, a subdelegada e a nova alcaldesa destacaron o compromiso da Garda Civil con Vilalba
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, asistiron hoxe a unha exposición de medios e demostración realizada pola Garda Civil, xunto con Bombeiros e Cruz Vermella aos alumnos participantes no Campus organizado polo Rácing Club Villalbés, que se desenvolve esta semana. Nesta actividade participaron 32 alumnos de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos que tiveron ocasión de familiarizarse cos distintos servizos que presta a Garda Civil.
Isabel Rodríguez expresou a súa satisfacción porque “o primeiro acto que comparto coa nova alcaldesa de Vilalba consista nunha actividade na que se demostra o compromiso da Garda Civil cos nenos e nenas deste concello”.
A subdelegada destacou a importancia de que “a sociedade, e moi especialmente a mocidade, estea informada dos servizos que prestan os corpos de forzas de seguridade do Estado para o que son moi útiles actividades como a organizada polo Rácing Club Villalbés dentro do seu Campus de verán”. Neste sentido, fixo fincapé na gran implicación da Garda Civil neste labor de achegamento á sociedade que se materializa nas numerosas actividades incluídas enmarcadas tanto no Plan Director para escolares como no Plan maior nas que se divulga información de interese para a prevención de situacións de risco como o acoso, a violencia de xénero ou as estafas.
Pola súa parte, a alcaldesa de Vilalba agradeceu o compromiso da Garda Civil no fomento da convivencia, e tamén salientou o traballo do Rácing Club Villalbés a prol da difusión do deporte e dos hábitos de vida e de tempo libre saudables.
Na exhibición realizada esta mañá no Campo de fútbol Roca de Vilalba tomaron parte persoal e vehículos de Seguridade Cidadá, de Tráfico e do Seprona e tamén colaboraron efectivos da Cruz Vermella e de Bombeiros.