Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2020 > Abril > Isabel Rodríguez apela a solidariedade cos máis vulnerables e lembra a necesidade de respectar as medidas de aillamento para impedir a propagación do virus do COVID-19
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
Isabel Rodríguez apela a solidariedade cos máis vulnerables e lembra a necesidade de respectar as medidas de aillamento para impedir a propagación do virus do COVID-19
06/04/2020
A subdelegada pide que a Semana Santa non sexa excusa para saltar a normativa e informa de que, durante a fin de semana, as forzas de seguridade do Estado detiveron 3 persoas e puxeron 477 denuncias na provincia por incumprir o estado de alarma
Rodríguez advirte de que estes días se intensifican os controis e recorda que as sancións por incumprir a normativa do estado de alarma van de 601 ata 30.001 euros
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, apelou hoxe á solidariedade cos máis vulnerables e insistiu na importancia de que os lucenses continúen, como ata agora, a facer o esforzo de cumprir as normas establecidas para evitar a propagación do virus do COVID-19.
Isabel Rodríguez pediulle aos cidadáns que a Semana Santa non sexa escusa para saltar a normativa do estado de alarma e advertiu de que nestes días se están a intensificar os controis para evitar viaxes que non teñan unha causa xustificada. Neste sentido, lembrou que a gravidade dese comportamento e a vulneración do Real Decreto de Estado de Alarma Sanitaria supón sancións que oscilan entre 601 e 30.001 euros.
Rodríguez informou de que durante a fin de semana as forzas de seguridade do Estado detiveron 3 persoas na provincia de Lugo e puxeron 477 denuncias por incumprir a normativa do estado de alarma. En todo caso, a subdelegada destacou a madurez e o comportamento exemplar que está a demostrar maioritariamente a sociedade lucense, cando entramos na cuarta semana do estado de alarma.
Tamén agradeceu a subdelegada o trascendental traballo que están a desenvolver as forzas de seguridade, que durante os próximos días reforzarán a vixilancia para evitar a propagación do virus e axudar así á protección das persoas máis vulnerables e de todos os profesionais que están máis expostos a esta pandemia, como son o persoal sanitario, as propias forzas de seguridade ou os traballadores de servizos esenciais como o alimentario ou o de transportes.