Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2020 > Mayo > A Subdelegación do Goberno en Lugo prepara os seus espazos de atención ao público para adaptalos ao Plan de Transición cara a Nova Normalidade
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
A Subdelegación do Goberno en Lugo prepara os seus espazos de atención ao público para adaptalos ao Plan de Transición cara a Nova Normalidade
11/05/2020
Acondiciona os espazos os servizos que dan atención aos cidadáns e instaláronse 15 mamparas para protexer aos usuarios e aos traballadores públicos
Isabel Rodríguez expresa o seu recoñecemento a todos os empregados públicos polo esforzo realizado desde que comezou a crise sanitaria
A Subdelegación do Goberno está a preparar os espazos de atención ao público existentes na súa sede da praza de Armanyá para dar cumprimento ás medidas en materia preventiva e de protección da saúde dentro do Plan de Transición cara a Nova Normalidade.
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, explicou que “estamos a dar os pasos necesarios para facer posible a recuperación paulatina da actividade, que se fará dun xeito progresivo e coa debida cautela, porque non hai nada máis importante que a saúde das persoas”.
“Para asegurar a protección tanto dos cidadáns como dos empregados públicos, acabamos de instalar 15 mamparas protectoras de metacrilato en servizos como a Oficina de Información e Rexistro, e nos servizos de Inmigración e Esxtranxeiría, e tamén colocamos semanas atrás a correspondente sinalización da distancia de seguridade que se debe gardar”, informou Rodríguez.
A subdelegada engadiu que estas medidas forman parte do plan que se está a deseñar na Subdelegación do Goberno para a organización do traballo dos distintos servizos no marco do Plan para a Transición cara unha Nova Normalidade.
Ademais, Isabel Rodríguez manifestou o seu recoñecemento a todos os empregados da Subdelegación do Goberno, as Forzas de Seguridade e da Administración Xeral do Estado na provincia de Lugo polo gran esforzo realizado desde que comezou a crise sanitaria. Neste sentido remarcou que “situacións como a provocada pola pandemia poñen en evidencia o importante que é contar con bos servizos públicos”.