Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2021 > Mayo > A Garda Civil e a Policía Nacional efectuaron 520 controis na provincia de Ourense dentro do dispositivo de seguridade contra a pandemia nos últimos catorce días
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
A Garda Civil e a Policía Nacional efectuaron 520 controis na provincia de Ourense dentro do dispositivo de seguridade contra a pandemia nos últimos catorce días
24/05/2021
Neles foron identificadas 1.453 persoas, controláronse 1.040 vehículos, realizáronse 265 inspeccións no sector da hostalaría e eleváronse 185 propostas de sanción.
O subdelegado do Goberno presidiu esta mañá unha xuntanza de coordinación coas diferentes forzas e corpos de seguridade da provincia.
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu esta mañá unha reunión de coordinación coas diferentes forzas e corpos de seguridade da provincia para realizar un seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. Na xuntanza, celebrada na Subdelegación do Goberno, participaron mandos da Garda Civil, da Policía Nacional, da Policía Autonómica e da Policía Local de Ourense.
Durante a reunión, as forzas e corpos de seguridade fixeron balance das actuacións levadas a cabo durante os últimos catorce días para garantir o cumprimento das medidas ditadas polo Goberno autonómico. En total, do 10 ao 23 de maio a Garda Civil e a Policía Nacional realizaron 520 controis e 265 inspeccións en establecementos de hostalaría. Nos dispositivos identificouse a 1.453 persoas, controláronse 1.040 vehículos e eleváronse 185 propostas de sanción.
O subdelegado do Goberno sinalou que tanto a Policía Nacional como a Garda Civil continuarán desenvolvendo tarefas de vixilancia e información de acordo coas medidas publicadas no Diario Oficial de Galicia e daquelas que valide o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. En concreto, a prioridade será a vixilancia das zonas con maior incidencia da COVID-19, as situadas no nivel máximo de risco, no que actualmente se atopa o concello de Lobios. Ademais, prestarase especial atención durante as fins de semana ao cumprimento das medidas relativas aos horarios e ás reunións.
Emilio González destacou o traballo e a coordinación das forzas e corpos de seguridade para asegurar o cumprimento das medidas sanitarias, ademais de garantir a seguridade cidadá, e apelou de novo á responsabilidade individual da cidadanía ourensá para non retroceder na situación actual da pandemia na provincia.