Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2021 > Julio > A Delegación do Goberno en Galicia informa de que o MITECO despregou sete medios aéreos para apoiar as tarefas de extinción do incendio declarado en Carballeda de Valdeorras
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
A Delegación do Goberno en Galicia informa de que o MITECO despregou sete medios aéreos para apoiar as tarefas de extinción do incendio declarado en Carballeda de Valdeorras
19/07/2021
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico desprazou ata a zona tres avións anfibios, un avión de coordinación e observación e tres helicópteros.
Participaron nas tarefas de extinción o persoal da BRIF de Laza e da BRIF de Tabuyo del Monte.
O delegado do Goberno en Galicia reitera a petición de extremar as precaucións para minimizar o risco de propagación de incendios forestais nesta época de calor extremo e escaseza de choivas.
A Delegación do Goberno en Galicia informa dos medios despregados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) durante a fin de semana para apoiar as tarefas de extinción do incendio declarado no concello de Carballeda de Valdeorras, na provincia de Ourense.
Ao longo das xornadas do sábado e do domingo, o MITECO desprazou ata Carballeda de Valdeorras a Brigada de Especialistas de Extinción (BRIF) helitransportada por dous helicópteros cada un con capacidade para 1.500 litros dende a base de Laza (Ourense); persoal e un helicóptero de transporte e extinción da BRIF de Tabuyo del Monte (León); tres avións anfibios procedentes das bases de Labacolla (A Coruña) e Rosinos (Zamora); e un avión de coordinación e observación (ACO), utilizado en tarefas de vixilancia, transmisión de imaxes e observación do incendio, que viaxou dende a base de León.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, lembrou a colaboración e o compromiso do Goberno de España na loita contra a lacra dos incendios forestais e fixo un chamamento “a extremar as precaucións e minimizar o risco de propagación de lumes na nosa comunidade, en especial nesta época de calor extremo e escaseza de choivas”.