A subdelegada do Goberno na Coruña e o alcalde de Ares destacan a inversión da Demarcación de Costas no concello


Os traballos na contorna da ensenada e praia de Chanteiro permitiron recuperar a senda litoral norte do arenal

Demarcación de Costas contribiu con varias obras á mellora dos accesos á praia de Seselle

23-08-2019

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e o alcalde de Ares, Xulio Iglesias, mantiveron unha xuntanza para analizar diversas actuacións e proxectos relativos ao concello. Na reunión, mantida na sede do Concello, estivo tamén presente o xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, e nela analizaron diferentes proxectos de Costas para o concello.

Na xuntanza analizaronse de forma especial as diferentes actuacións desenvoltas pola Demarcación de Costas no municipio, que foron moi demandadas e que se acometeron nestes últimos meses.

Segundo recordou Rafael Eimil, neste ano e por medio da actuacións de mantemento e conservación, o Ministerio para la Transición Ecológica acometeu a reparación e mellora dos accesos ás praias e paseos do concello.

Destacou neste sentido o acondicionamento e mellora do acceso ao arenal de Seselle, para o que se sustituiu a pasarela de madeira por outra de similares dimensións pero aplicando criterios de sostenibilidade xa que se aproveitaron e reutilizaron materiais naturais doutras actuacións.

Tamén se instalou unha escaleira de acceso de tres metros de ancho na zona do Esteirón que serve para comunicar co paseo marítimo, utilizando tamén madeira reciclada e dotando á infraestrutura dun pavimento continuo de solo estabilizado con cemento para evitar a escorrentía, con pasamáns de madeira.

Na súa visita a Ares, a subdelegada, acompañada polo alcalde e o xefe da Demarcación de Costas, visitou a praia de Chanteiro, para comprobar os resultados das obras acometidas na zona e que permitiron recuperar un treito da senda litoral norte de 165 metros. Foi necesaria a sustitución dun vial de firme asfáltico por unha senda de hormigón impreso, quedando habilitado para uso preferente peonil.

A actuación completouse coa adecuación do entorno natural mediante céspede e mobiliario urbán, xerando un mirador sobre a praia, ademáis da instalación de drenaxe, pasamáns de madeira e a mellora das sinais de acordo aos valores ambientais da zona.

É preciso recordar que esta zona presentaba un estado de degradación considerable, de tal forma que se tiña convertido a contorna da ensenada e da praia en espacios carentes da vitalidade acorde aos valores medioambientais necesarios, xa que ademáis no verán estos espazos eran invadidos polos vehículos de maneira indiscriminada, o que deterioraba o uso e disfrute deste bordo costeiro.

A recente construcción dun aparcamento disuasorio por parte do concello, fora da primeira liña de praia, permitiu recuperar o uso peonil dos antigos viais, restablecendo así unha zona de mirador e descanso para os usuarios e que serve tamén de comunicación coa importante rede de sendas que circunda o monte Faro.

Para o desenvolvemento destas actuacións foi necesario o investimento de 72.000 euros por parte da Demarcación de Costas.