Isabel Rodríguez destaca a eficacia do Plan de Viabilidade Invernal, que abrangue máis de 800 kilómetros de 15 estradas do Estado na provincia


A rede de estradas do Estado mantivose aberta grazas á intervención de 12 quitaneves, 180 toneladas de sal e 50.000 litros de salmoira

A subdelegada do Goberno en Lugo e o de León, Faustino Sánchez, asinaron o Protocolo do Plan Invernal para a limpeza da vertente leonesa do porto de Pedrafita

17-12-2019

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou de que xa quedou desactivada a Alerta do Plan de Viabilidade Invernal que demostrou a súa eficacia para manter aberta á circulación a rede de estradas do Estado na provincia. 

A subdelegada, que agradeceu o traballo feito polo persoal de Estradas, de Tráfico e da Garda Civil, explicou que foi necesaria a intervención de 12 máquinas quitaneves e a utilización de 180 toneladas de sal e 50.000 litros de salmoira para evitar incidencias no circulación viaria na zona de Pedrafita do Cebreiro, onde se traballou con especial intensidade entre as 19 horas do luns e as 2 da pasada madrugada.

O Plan Invernal do Estado para a provincia de Lugo conta con un operativo composto por 40 máquinas quitaneves, 9.300 toneladas de sal e 2.515.000 litros de salmoira que se habilitaron para facilitar a circulación pola rede de estradas do Estado na provincia en caso de nevaradas.

A subdelegada lembrou que o Plan de Viabilidade Invernal da provincia inclúe tamén a vertente leonesa do porto de Pedrafita. Para iso, Isabel Rodríguez e o subdelegado do Goberno na provincia de León, Faustino Sánchez, asinaron de novo este ano o Protocolo do Plan Invernal, deseñado por Protección Civil.

En total, son 825 kilómetros de 15 estradas de titularidade estatal os que abrangue o Protocolo do Plan Invernal. Trátase dos treitos potencialmente conflictivos das seguintes estradas: A-6 ( Autovía do Noroeste), A-8 (Autovía do Cantábrico), A-54 (Autovía Lugo-Santiago), LU-11 (Nadela-Tolda de Castela), LU-12 (Vilamoure-N-540 Esperante), N-VI (Madrid-A Coruña), N-VIa (Madrid-A Coruña antigua), N-120 (Logroño-Vigo), N-120ª (Logroño-Vigo antigua), N-540 (Lugo-Ourense), N-540a (Lugo-Ourense antigua), N-547 (Lugo-Santiago de Compostela), N-634 (San Sebastián-Santiago de Compostela), N-640 (Vegadeo-porto de Vilagarcía de Arousa) e N-642 (acceso ao porto de San Cibrao).