O subdelegado do Goberno en Ourense recibe ao músico e compositor ourensán Daniel Minimalia

O subdelegado do Goberno en Ourense recibe ao músico e compositor ourensán Daniel Minimalia

16/04/2021

Daniel Minimalia resultou gañador do Grammy Latino 2020 na categoría de mellor álbum instrumental, converténdose no primeiro artista galego gañador dun Grammy Latino

Emilio González destacou que o músico ourensán está considerado como un dos referentes mundiais da guitarra e da composición


O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, recibiu esta mañá no seu despacho ao músico e compositor ourensán Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020 na categoría de mellor álbum instrumental polo seu traballo “Terra” e do Hollywood Music in Media Awards 2021 á mellor canción de pop/rock latino por “Flor de Leyenda”, un tema do mesmo álbum.

Durante o encontro Emilio González transmitiulle os parabéns no nome do Goberno de España e no seu propio e mostrou a súa “enorme satisfacción” por poder felicitar, tanto como ourensán como en calidade de subdelegado, “ao primeiro artista galego gañador dun Grammy Latino e o primeiro español en ter dous Hollywood Music in Media Awards”.

O subdelegado do Goberno destacou a traxectoria profesional de Daniel Minimalia, autor de cinco álbums e gañador dun Grammy Latino, dous Hollywood Music in Media Awards e unha medalla de prata nos Global Music Awards, salientando que o músico e compositor ourensán “está considerado actualmente como un dos referentes mundiais da guitarra e da composición”.

Por último, González Afonso agradeceulle a súa contribución cultural e desexoulle unha “longa carreira profesional colmada de éxitos”.