José Miñones considera ao Parlamento “axente necesario” na transformación económica e social que quere o Goberno para Galicia

José Miñones considera ao Parlamento “axente necesario” na transformación económica e social que quere o Goberno para Galicia

26/04/2021

O delegado do Goberno traslada a Miguel Santalices os seus compromisos como máximo representante do Executivo na Comunidade Autónoma

Lembra que o Parlamento é o foco da lexislación autonómica e elemento de control da actividade política

Trasladou ao presidente do Parlamento a súa satisfacción polos 40 anos de Autonomía, que se cumpren este mes


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reuniuse hoxe co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, a quen lle trasladou os seus compromisos como novo representante do Executivo na Comunidade Autónoma galega. Na súa visita oficial á sede do Poder Lexislativo en Galicia, Miñones explicoulle ao presidente os retos aos que se enfronta nesta nova etapa, a intensificación da colaboración cos concellos, as políticas sociais, a igualdade e a volta á normalidade e transformación de Galicia a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia co Executivo.

José Miñones destacou o papel do Parlamento como axente necesario nestas transformacións que debe afrontar Galicia e a súa cidadanía e lembrou que todo o que sucede na Comunidade ten o seu reflexo no plenario do Parlamento, “o corazón da autonomía de Galicia”. Así, lembrou que o Parlamento é o lugar onde nacen as leis que permitirán a Galicia transitar cara esa transformación ademais de exercer o necesario control da actividade política, polo que “é indudable o peso específico do Parlamento neste camiño”.

O delegado do Goberno aproveitou a súa presenza no pazo do Hórreo para expresarlle ao presidente do Parlamento a súa satisfacción como político e como galego ante a conmemoración do 40 aniversario da Autonomía de Galicia, que se cumpre este mes de abril: “Un éxito de toda a cidadanía galega que nos permitiu camiñar estes anos pola senda da prosperidade, das liberdades e da construcción da Galicia demócrata que disfrutamos agora”, agregou.