José Miñones confía en que as transferencias extraordinarias do Goberno á Xunta pola COVID-19 cheguen tamén aos concellos

José Miñones confía en que as transferencias extraordinarias do Goberno á Xunta pola COVID-19 cheguen tamén aos concellos

06/05/2021

O apoio económico do Goberno de España á Xunta ascende a 1.285 millóns de euros pola pandemia

Nos próximos días a Xunta recibirá 234,5 millóns para conceder axudas directas a empresas e autónomos afectados pola crise

Trasladou ao presidente da Deputación da Coruña os obxectivos da Delegación do Goberno no ámbito municipal


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confiou hoxe en que as achegas extraordinarias que recibiu a Xunta por parte do Goberno durante a pandemia da COVID-19 tamén cheguen aos concellos. Fíxoo no transcurso dunha visita oficial á Deputación Provincial da Coruña, onde mantivo un encontro co seu presidente, Valentín González. Alí, o delegado puxo en valor o esforzo das deputacións provinciais e dos concellos, como xestores finais de numerosos servizos sociais, educativos e asistenciais, para poder manter o nivel de atención á cidadanía nun momento de máxima demanda.

Na súa intervención, lembrou que o apoio financeiro do Executivo de Pedro Sánchez á Xunta para paliar os efectos económicos da pandemia da COVID-19 ascende a 1.258 millóns de euros. Desta cantidade, 734,9 millóns corresponderon ao fondo extraordinario liberado na segunda metade do ano pasado para que a autonomía puidese afrontar sobrecustes na educación e na sanidade pola pandemia e compensar a merma de ingresos nas arcas públicas. Ademáis, outros 234,5 millóns se liberarán nos próximos días para convocar axudas directas a autónomos e empresas que compensen a caída da súa actividade.

Xunto a eles, o Goberno despregou un escudo social en forma de prestacións a traballadores, autónomos e apoio financeiro que supera os 7.000 millóns de euros desde abril do ano pasado.

Programas do Goberno

O delegado do Goberno reiterou ao presidente da Deputación da Coruña a súa vontade de traballar na Delegación do Goberno cunha vocación municipalista.

O obxectivo é trasladar aos municipios os programas e liñas que permitan aos concellos optar a fondos directos do Estado para distintos servizos públicos. Ambos citaron, entre outros, as subvencións para programas de eficiencia enerxética do IDAE, o Plano de Extensión da Banda Ancha ou o programa de Correos para facilitar servizos á poboación do rural e que xa se esta probando na provincia de Lugo.

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

No encontro, o delegado do Goberno insistou ante o presidente da Deputación da Coruña na impronta local que ten o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e o papel que terán que xogar as entidades locais para a materialización dos obxectivos incluídos no mesmo.

Para iso, José Miñones considera fundamental a participación das entidades locais no mecanismo de cogobernanza que establece o propio Plan de Recuperación. Ademáis, lembrou que entidades locais xa participan nas Conferencias Sectoriais que liberarán finalmente as partidas para as convocatorias de investimento e axudas de cada unha das medidas propostas.

O delegado do Goberno amosouse sensible á inquietude dos gobernos locais ante a carga de traballo que presumiblemente conlevará a execución dos proxectos do Plan de Recuperación. A eles trasladou a confianza do Goberno en que os plan de modernización das Administracións Públicas e outras reformas lexislativas como o futuro Estatuto Básico dos Municipios de menor poboación facilitarán este proceso.

Declaraciones del delegado del Gobierno (MP3 · 7,17 MB)