José Miñones mantén o seu primeiro encontro institucional co xefe do Arsenal Militar de Ferrol

José Miñones mantén o seu primeiro encontro institucional co xefe do Arsenal Militar de Ferrol

20/05/2021

O delegado do Goberno interésase polas actividades militares, educativas e de colaboración sanitaria da Armada

O xefe do Arsenal Militar de Ferrol destaca a actividade do seu persoal con iniciativas vinculadas á COVID-19


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantivo hoxe o seu primeiro encontro co almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol nas instalacións da Armada.

José Miñones estivo co vicealmirante Antonio Duelo. Na reunión, o delegado interesouse polas actividades militares, educativas e pola colaboración que presta a Armada no rastreo de casos de COVID-19 dende Ferrol.

O xefe do Arsenal Militar de Ferrol destaca a actividade do seu persoal con iniciativas vinculadas á COVID-19, intensificadas nos momentos de continuas desinfeccións.

Ambos emprazáronse para unha visita máis extensa ás instalacións e aos centros formativos que dependen da Armada nesta cidade, que será en próximas datas.