Inici > Delegacions > Delegacions del Govern > Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma de Galícia > Actualitat > Notes de premsa > Notas > 2020 > Enero > A Subdelegación do Goberno acolle unha reunión para analizar a sinistralidade en vías urbanas nos principais concellos da provincia de Ourense
Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat al Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
A Subdelegación do Goberno acolle unha reunión para analizar a sinistralidade en vías urbanas nos principais concellos da provincia de Ourense
30/01/2020
Os datos amosan que a sinistralidade urbana se mantén, mentres que en vías interurbanas presenta unha tendencia descendente
Valorouse a transferencia da titularidade de diversas rúas e travesías aos concellos para que poidan implementar medidas que incrementen a seguridade vial urbana e a mobilidade segura dos peóns
Durante a mañá de hoxe tivo lugar na Subdelegación do Goberno en Ourense unha reunión para analizar a evolución da sinistralidade en vías urbanas, así como as posibles medidas e recomendacións a adoptar polos principais concellos ourensáns.
O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, incidiu en que o obxectivo principal da mesma é o de “buscar solucións e ofrecer información para que sexan os propios concellos os que poidan xestionar as súas vías, incrementando a seguridade vial nas mesmas e permitindo humanizar os cascos urbanos”.
Segundo os datos aportados polo xefe provincial da Dirección Xeral de Tráfico, David Llorente, a accidentalidade en vías urbanas na provincia de Ourense mantense, mentres que a sinistralidade en vías interurbanas presenta unha tendencia descendente.
Por este motivo na reunión valorouse a transferencia de rúas e travesías que seguen sendo propiedade dos diferentes titulares de estradas aos propios concellos, o que permitiría simplificar os trámites administrativos para poñer en marcha medidas que axuden a incrementar a seguridade nas súas vías e aumentar as opcións de mobilidade segura para os peóns como “o estreitamento de carrís, a peonalización das rúas, a pacificación da circulación ou a elevación dos pasos peonís”, segundo indicou David Llorente.
Os representantes da Xefatura Provincial de Estradas do Estado, da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense expuxeron aos asistentes os requisitos e as posibilidades para a transferencia de rúas e travesías aos diferentes concellos.
Tamén se procedeu á análise da normativa futura que contempla restricións de velocidade a 30 km/h; da nova mobilidade con vehículos de mobilidade persoal, os coñecidos como patinetes; e das normas que dan preeminencia aos peóns e ás bicicletas nos cascos urbanos.
Na reunión estiveron presentes representantes dos concellos e da Policía Local de Ourense, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Barbadás, Allariz, Celanova, Ribadavia e Maceda.
Na mesma tamén participaron representantes doutras institucións como a Xefatura Provincial de Estradas do Estado, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, dado que son titulares de vías nos cascos urbanos de diversos concellos da provincia.