Inicio > Delegaciones > Delegaciones del Gobierno > Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia > Actualidad > Notas de Prensa > Notas > 2021 > Mayo > José Miñones agradece á Garda Civil o esforzo extraordinario durante a pandemia e transmite a súa confianza en garantir un Xacobeo seguro
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
José Miñones agradece á Garda Civil o esforzo extraordinario durante a pandemia e transmite a súa confianza en garantir un Xacobeo seguro
06/05/2021
O delegado do Goberno subliña o papel do Instituto Armado no control das restricións sanitarias para, ao fin, protexer a saúde dos galegos e das galegas
José Miñones remarca o traballo para garantir a protección das vítimas de violencia machista
“Galicia segue a ser unha Comunidade segura para vivir, traballar e visitar, fortaleza á que contribúen diaria e decididamente os axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, agradeceu hoxe á Garda Civil o esforzo extraordinario vinculado á pandemia e transmitiu a súa confianza no papel dos corpos de seguridade para ofrecer un Xacobeo seguro. Expresouse así na primeira visita institucional á sede da XV Zona da Garda Civil de Galicia, na Coruña, onde mantivo un encontro de traballo cos mandos da Zona e das catro comandancias provincias ademáis do sector de Tráfico.
José Miñones foi recibido polo xeneral xefe da 15ª Zona, Luis Francisco Rodríguez. Con el subliñou a relevancia do Instituto Armado no control das restricións derivadas da pandemia, mediante distintos mecanismos de control e vixiancia que demandaron esforzos engadidos aos axentes.
O delegado do Goberno remarcou tamén o traballo de protección das vítimas de violencia machista. Trátase dunha das súas prioridades desde que accedeu ao cargo, polo que se interesou polos mecanismos que desenvolven os axentes para atender este servizo e polo funcionamiento dos Equipos de Muller Menor que se ubican en cuarteis de toda Galicia.
Na xuntanza trasladoulles o agradecemento por facer que Galicia siga sendo unha Comunidade segura para vivir, traballar e visitar: “Unha fortaleza á que contribúen diaria e decididamente os axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”
Na visita, o delegado do Goberno asinou no libro de honor da 15 Zona da Garda Civil e visitou as instalacións do Cuartel de Lonzas: o Complexo Operativo de Servizo, o laboratorio da policía xudicial e as dependencias da XV Zona e da Comandancia da Coruña.
No encontro participaron o coronel xefe da Comandancia da Coruña, Francisco Javier Jambrina Rodríguez; o coronel xefe da Comandancia de Lugo, Miguel Ángel González; o teniente coronel, xefe da Comandancia de Ourense, Rafael López; o coronel xefe da Comandancia de Pontevedra, Simón Venzal; e o comandante xefe interino do Sector de Tráfico, Leovigildo Villares.